CONCIERTOS BENEFICOS NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES
Baixo a organización da Real Academia Galega de Belas Artes, o grupo de cámara Artemis Ensemble ofrecerá catro concertos de carácter benéfico:
Fumika Yamamura & Deborah Hamburger, violíns Gabriel Bussi, viola Berthold Hamburger, violoncelo
Programa 1: Mércores, 21 de decembro de 2011 (Ás 20:00 horas) Concerto en beneficio de Aldeas Infantiles SOS de Pontevedra Noite de Cuartetos -W. A. Mozart: Cuarteto KV 387, en sol maior "Primavera" -F. Schubert: Cuarteto n.º 13, D 804, na menor "Rosamunde"
Programa 2: Mércores, 25 de xaneiro de 2012 (Ás 20: 00 horas) Concerto en beneficio da Cocina Económica da Coruña Cuarteto de cordas e Quinteto de ventos Colabora: Zoar Ensemble (Joan Ibáñez, frauta..David Villa, óboe.. Antonio Suárez, clarinete.. Benjamin Iglesias, trompa.. Álex Salgueiro, fagot) -F. Mendelssohn: Cuarteto Op. 44/2, en mi menor -G. Bussi: Quinteto de ventos, en re menor (Estrea)
Programa 3: Venres, 2 de marzo de 2012 (Ás 20:00 horas) Concerto en beneficio de Cáritas Interparroquial da Coruña Noite de Cuartetos -W. A. Mozart: Cuarteto KV 575, en re maior -G. Bussi: Bagatella n.º 2 -L. v. Beethoven: Cuarteto Op. 18/4, en do menor
Programa 4: Mércores, 11 de abril de 2012 (Ás 20:00 horas) Concerto en beneficio do Hogar Sor Eusebia da Coruña Noite de Quintetos Colaboran: Juan Ferrer, clarinete.. Haruna Takebe, piano -W. A. Mozart: Quinteto para clarinete e cuarteto de cordas KV 581, en mi maior -J. Brahms: Quinteto para piano e cuarteto de cordas Op. 34, en fa menor
Artemis Ensemble foi fundado en 1990 en Viena, en torno á actividade musical de Deborah Gonsalves e Berthold Hamburger. Dende entón, realizou numerosos concertos por Europa, Asia e América do Sur, formando diversos conxuntos con intérpretes invitados. O repertorio comprende obras dende a época clásica ata o presente, incluíndo pezas compostas especialmente para a propia agrupación. Cabe destacar a intensa actividade como trío de piano durante máis dunha década coa renomeada pianista xaponesa Mariko Moritani e a recente colaboración co célebre pianista madrileño Daniel del Pino.
Actualmente formado por catro músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia, ampliou o seu repertorio, centrándose no cuarteto de cordas clásico. En Galicia está presente en numerosas localidades e participa en ocasións especiais, como foron os concertos extraordinarios para o 15º Aniversario da Orquestra Sinfónica de Galicia, os Ciclos da Asociación Galega de Compositores, ou as edicións 2009/10 do Festival Mozart. Ademais, o Artemis Ensemble quere fomentar a música de compositores galegos. Estreou e gravado varias obras da actualidade, incluíndo dous CDs con varias obras galegas. Os seus concertos con estreas de obras galegas foron emitidos por Radio Televisión de Galicia.
Á parte da actividade concertante, os membros do Artemis Ensemble están profundamente dedicados ao ensino e a divulgación da música no ámbito pedagóxico. Participan de titores en varios proxectos e festivais xuvenís e realizan concertos didácticos para todas as idades. Entendendo a arte da música como un servizo á sociedade, o Artemis Ensemble está comprometido co benestar dos máis desfavorecidos. Por iso, unha parte importante dos seus ingresos van como donativo a unha aldea de Aldeas Infantís SOS, en Redondela (Pontevedra).
|
|
|
CONCERTO A BENEFICIO DA COCINA ECONÓMICA DA CORUÑA NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 13/01/2012 Baixo a organización da Real Academia Galega de... FALECEMENTO DE D. ISAAC DÍAZ PARDO 05/01/2012 Faleceu o día 4 de xaneiro de 2012 na Coruña do... NOVA XUNTA DE GOBERNO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 20/12/2011 En sesión extraordinaria celebrada o sábado día... PASAMENTO DE DNA. MARÍA DEL SOCORRO ORTEGA ROMERO 12/12/2011 Faleceu o día 11 de decembro de 2011 en Santiag... MARÍA MERCEDES GOICOA FERNÁNDEZ REELIXIDA PRESIDENTA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 31/10/2011 En Sesión Extraordinaria do día 29 de Outubro d... "CÓDICE CALIXTINO":PESAR DA ACADEMIA DE BELAS ARTES POLA SÚA DESAPARICION 08/07/2011 A Real Academia Galega de Belas Artes quere tes...
BASES MEDALLA DE HONRA 12/03/2010 Bases aprobadas na Sesión Ordinaria de 16 de de... BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 04/04/2008 VII SALÓN DE PINTURA 2008
A Real Academi... BASES DO PREMIO "MARCIAL DEL ADALID" 08/01/2007 En sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril...
|