.jpg)
 Personaxe da Ópera "O Mariscal" de R. Losada
 Partitura de Xoán Montes
|
A Real Academia creou en 1989 o Arquivo Musical de Galicia, ao non existir ningún destas características ba nosa Autonomía. A catalogación realizouse mediante un eficaz proxecto de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Biblioteca e a Sección de Música da Academia, baixo o patrocinio, dende os seus comezos, da Fundación Caixa Galicia.
FINS
Os fins do Arquivo Musical son a recuperación, tratamento técnico e conservación da documentación musical creada ou relacionada con Galicia, para finalmente pór a disposición do investigador e de toda persoa interesada no estudo ou interpretación, a información musical galega contemporánea.
FONDOS MUSICAIS
Os fondos musicais existentes na actualidade están constituidos por máis de 1000 partituras, ademais de discos, casetes e vídeos. A maior parte deste material procede de diversas donacións realizadas por destacados músicos galegos ou os seus herdeiros, contándose entre estas donacións as obras de Garaizábal, Mauricio Farto, Francisco Pillado, o Pai Xavier Méndez, Ricardo Olmos, Pila Castillo, Rogelio Groba, Rodrigo A. De Santiago, Enrique Macías, Juan Durán, Eduardo Rodríguez Losada, etc. E tamén hai obras deixadas en depósito como as de Manuel Quiroga, pertencentes a Caixa Galicia. Entre estas obras hai moitos manuscritos orixinais, ademais de partituras impresas.
PROXECTOS
A Academia ten como proxecto prioritario a elaboración do catálogo colectivo de partituras musicais dos séculos XIX e XX editadas en Galicia, e que posteriormente irase ampliando a outras épocas. Tamén é competencia da Academia , en relación co Arquivo Musical de Galicia, a edición e grabación de obras musicais, ademais da organización de concertos. Paralelamente a estes proxectos, estanse a publicar os catálogos do fondo para a súa difusión.
|
|
|
CONCERTO A BENEFICIO DA COCINA ECONÓMICA DA CORUÑA NA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 13/01/2012 Baixo a organización da Real Academia Galega de... FALECEMENTO DE D. ISAAC DÍAZ PARDO 05/01/2012 Faleceu o día 4 de xaneiro de 2012 na Coruña do... NOVA XUNTA DE GOBERNO DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 20/12/2011 En sesión extraordinaria celebrada o sábado día... PASAMENTO DE DNA. MARÍA DEL SOCORRO ORTEGA ROMERO 12/12/2011 Faleceu o día 11 de decembro de 2011 en Santiag... MARÍA MERCEDES GOICOA FERNÁNDEZ REELIXIDA PRESIDENTA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 31/10/2011 En Sesión Extraordinaria do día 29 de Outubro d... "CÓDICE CALIXTINO":PESAR DA ACADEMIA DE BELAS ARTES POLA SÚA DESAPARICION 08/07/2011 A Real Academia Galega de Belas Artes quere tes...
BASES MEDALLA DE HONRA 12/03/2010 Bases aprobadas na Sesión Ordinaria de 16 de de... BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 04/04/2008 VII SALÓN DE PINTURA 2008
A Real Academi... BASES DO PREMIO "MARCIAL DEL ADALID" 08/01/2007 En sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril...
|