Castellano Galego

INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxeAmpliar imaxe
Ampliar imaxeAmpliar imaxe
O pasado día 25 de marzo de 2017 tivo lugar no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, a Sesión Extraordinaria Pública para o acto de ingreso do Arquitecto D. Álvaro Siza Vieira como Académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes. 

O Sr. Siza deu inicio á súa intervención cunhas palabras de agradecemento á Academia pola honrosa e xenerosa distinción concedida, para seguidamente centrase no tema principal da súa disertación baseada no seu proxecto  "Pavilhao do Instituto Berggruen - Los Ángeles. Inicio de um projecto, os instrumentos de trabalho de um arquitecto", empregando debuxos do seu proceso creativo e tamén maquetas da obra. 

O discurso de contestación, en nome da Academia, estivo a cargo do Académico Numerario da Sección de Arquitectura D. Xosé Manuel Casabella López quen leu o titulado "Álvaro Siza Vieira. Transformando a realidade". 

O acto contou coa presenza, entre outros, do Secretario Xeral de Cultura  da Xunta de Galicia, a Vicepresidenta da Excma. Deputación Provincial da Coruña, o reitor Magnífico da Universidade dá Coruña, o Decano-Presidente do COAG, un nutrido grupo de arquitectos así como profesores e numerosos alumnos da Escola Superior de Arquitectutra da UDC quen encheu o auditorio.

Para ver vídeo do acto premer acó

Fecha: 30/03/2017







Contacto  |  Aviso legal  |  

XOVES, 20 DE XULLO. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "DESCUBRINDO A CATEDRAL. MESTRE MATEO" 18/07/2017
 
​O ARQUITECTO ALEJANDRO DE LA SOTA MARTÍNEZ SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO DÍA DAS ARTES GALEGAS DO ANO 2018 01/07/2017
 
O ARQUITECTO DON MANUEL GALLEGO JORRETO NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 01/04/2017
 
INGRESO DE D. ÁLVARO SIZA VIEIRA COMO ACADÉMICO DE HONRA 30/03/2017
 
ENTREGA DOS PREMIOS "MARCIAL DEL ADALID" 15/10/2016
 

Desarrollo web: Brigantia