Castellano Galego

ACTO DE CELEBRACIÓN "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019", EN HOMENAXE A LUIS SEOANE. 1 DE ABRIL DE 2019

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
O luns día 1 de abril, ás 20:00 horas, o Teatro  Colón da Coruña acollerá o acto oficial de celebración do “Día das Artes  Galegas 2019”, para render homenaxe á figura de Luís Seoane conforme ao seguinte programa:
  • Benvida musical polo pianista Brais González.
  • ​Apertura da sesión a cargo do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, don Manuel Quintana Martelo.
  • Laudatio: “Significado de Luis Seoane no contexto da cultura galega do século xx”, a cargo do académico da Sección de Artes da Imaxe don Xosé Díaz Arias de Castro.
  • Intermedio musical polo pianista Brais González.
  • Intervención do alcalde do  Excmo. Concello de A Coruña, don Xulio Ferreiro Baamonde.
  • Intervención do presidente da Excma. Deputación Provincial de A Coruña don Valentín González Formoso.
  • Intervención do delegado do Goberno en Galicia, don Francisco Javier Losada de Azpiazu.
  • Clausura do acto a cargo do presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijóo.
  • Despedida musical polo pianista Brais González.
Acto presentado polo actor e escritor Santiago Fernández Fernández

Nota: entrada gratuita ata completar capacidade.

Obtención de entradas:
En taquilla o luns día 1 de abril unha hora antes do comezo do acto en horario de 19:00 a 20:00 horas.

 
__________________________________________________________________________
 
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) en Sesión Ordinaria celebrada o 30 de xuño de 2018 acordou por aclamación, dedicar o “Día das Artes  Galegas” ano 2019 á figura de Luís Seoane López (Buenos Aires, 1910 – A Coruña, 1979), unha proposta subscrita por académicos e agrupacións culturais de Galicia.
 
Os actos de recoñecemento que se organizarán durante este ano, servirán para profundar e difundir a figura de Luís Seoane, tanto como teórico da arte, creador, deseñador,  caricaturista, debuxante ou pintor, esencial no Laboratorio de Formas de Galicia e da nova imaxe de Galicia baseada na interacción tradición-innovación a través das “INDUSTRIAS DA MEMORIA” (Sargadelos, O Castro, etc.).
 
Enlace biografía oficial da Fundación Luis Seoane
Enlace publicación 
“Luis Seoane: Unha vida e unha obra con Galicia no fondo”  por don Xose Díaz Arias de Castro  
Enlace unidade didáctica Luís Seoane elaborada polo CEIP “Juan Fernández Latorre”  Educación Primaria

 

Fecha: 06/03/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

ACTO DE CELEBRACIÓN "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019", EN HOMENAXE A LUIS SEOANE. 1 DE ABRIL DE 2019 06/03/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 05/03/2019
 
MARTES 26 DE MARZO. CONFERENCIA: “ARQUITECTURAS ESQUIZOFRENIA y GALICIA” 04/03/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 04/02/2019
 
CONCESIÓN DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CONSTANCIA MUSICAL NA SÚA VERSIÓN PERSONALIZADA 03/02/2019
 
DON MANUEL QUINTANA MARTELO REELIXIDO PRESIDENTE DA ACADEMIA 17/12/2018
 

Desarrollo web: Brigantia