Castellano Galego

DON MANUEL QUINTANA MARTELO REELIXIDO PRESIDENTE DA ACADEMIA

O pintor don Manuel Quintana Martelo, en sesión extraordinaria celebrada o día 15 de decembro, resultou elixido para un segundo mandato como presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. Nomeado académico de número en 2004, ingresou na corporación tras a lectura do seu discurso " A forma: a Natureza do debuxo". Na Xunta de Goberno da Academia ocupou o cargo de conservador (2011-2014), e o 29 de novembro de 2014 resultou elixido presidente. Entre outros acertos durante o seu primeiro mandato cabe destacar a institucionalización do “Días das Artes Galegas”, as exposicións “Maestro Mateo en el Museo del Prado”, “Castelao Grafista” na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, e a incorporación de mulleres como académicas nas diferentes seccións da institución, como achegamento ao equilibrio na igualdade.
Na mesma sesión, tamén quedou designada a nova Xunta de Goberno, composta polos seguintes membros: don Celestino García Braña, vicepresidente; don Felipe-Senén López Gómez, secretario xeral; don  Miguel Fernández-Cid Enríquez, tesoureiro; dona María Victoria Carballo-Calero Ramos, arquiveira-bibliotecaria, e dona Soledad Penalta Lorenzo, conservadora.
Fotografía: Xurxo Lobato. 


17/12/2018







Contacto  |  Aviso legal  |  

ACTO DE CELEBRACIÓN "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019", EN HOMENAXE A LUIS SEOANE. 1 DE ABRIL DE 2019 06/03/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 05/03/2019
 
MARTES 26 DE MARZO. CONFERENCIA: “ARQUITECTURAS ESQUIZOFRENIA y GALICIA” 04/03/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 04/02/2019
 
CONCESIÓN DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CONSTANCIA MUSICAL NA SÚA VERSIÓN PERSONALIZADA 03/02/2019
 
DON MANUEL QUINTANA MARTELO REELIXIDO PRESIDENTE DA ACADEMIA 17/12/2018
 

Desarrollo web: Brigantia