Castellano Galego

MARTES 18 DE XUÑO. CONFERENCIA: “RETRATO DO ARTISTA EN FORMACIÓN. LUÍS SEOANE NA SEGUNDA REPÚBLICA”

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
O martes día 18 de xuño ás 20:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Real Academia  Galega de Belas Artes a conferencia “Retrato do artista en formación. Luís Seoane na segunda república” que será impartida polo historiador da arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas don Carlos L. Bernárdez
 
DÍA: martes 18 de xuño
HORA:  20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)

Luís Seoane, que acabará por ser unha figura chave no debate sobre a fixación dun modelo de arte galega, inicia a súa obra nos anos trinta, en canto mantén un intenso activismo político en posicións esquerdistas e galeguistas.

O estilo inicial de Seoane, conservado en gravados, debuxos e augadas dos anos republicanos, enlaza coa modernidade estética internacional, evidenciando o coñecemento de fórmulas postimpresionistas, cubistas, fauvistas e expresionistas, que no noso artista se manifestan cun fondo sentido lírico. En ocasións pon este lirismo ao servizo dunha mensaxe política, eis os traballos realizados para publicacións como a luguesa Yunque. Entas ocasións tiliza un estilo menos lírico que noutras obras desta altura, máis achegado aos gravados sociais de Carlos Maside, como os que o pintor de Pontecesures realizou para a revista Nueva España en 1930. Nesta liña están os debuxos de Seoane para o xornal Claridad, que tamén evidencian a pegada de Maside ou mesmo das viñetas de Castelao.

O influxo da figuración alemá de entreguerras, presente nos anos republicanos, será aínda máis perceptíbel nas obras realizadas a partir da Guerra Civil. Expresado fundamentalmente por medio dun debuxo que, como sinalou Lorenzo Varela, o autor que mellor describiu o Seoane de mocidade, salienta polo acentuado da liña solta, alternativamente barroca e sintética, sempre de extrema sinxeleza final.

A obra que culmina este período, e unha das máis coñecidas do noso artista, é o cartel que realizou para a campaña do estatuto de autonomía de 1936: O estatuto libertará a nosa Terra (1936).

D. Carlos L. Bernárdez

É historiador da arte e profesor de Lingua e Literatura Galegas. Ensaísta de temas literarios e artísticos e comisario de exposicións, con especial dedicación ao estudo da vangarda histórica galega.

Entre os seus libros máis recentes destacan:
Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (Nigra Trea, 2004), en colaboración con X. R. Mariño Ferro; Breve historia da arte galega (Nigra Trea, 2005); Maruja Mallo, a pintura da nova muller (Nigra Trea, 2010); Do idilio á diáspora. Modernidade é compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane (Nigra Trea, 2012), Un pintor que sabía o que facía. Achegas á obra pictórica de Luís Seoane (Laiovento, 2016) e Identidade e universalidade. Lecturas de pintura galega (Laiovento, 2018).

Entre as súas publicacións tamén cómpre salientar as dedicadas a escritores como Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Xosé María Álvarez Blázquez, Vicente Risco, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste ou Ramón Cabanillas. Na actualidade desenvolve a crítica de arte no suplemento “Faro da cultura” do xornal Faro de Vigo.

Entrada ata completar capacidade.

Fecha: 19/05/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 11 DE XUÑO. CONCERTO DE JAZZ DOS ALUMNOS DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 20/05/2019
 
MARTES 18 DE XUÑO. CONFERENCIA: “RETRATO DO ARTISTA EN FORMACIÓN. LUÍS SEOANE NA SEGUNDA REPÚBLICA” 19/05/2019
 
MÉRCORES 19 DE XUÑO RECITAL DE PIANO BENÉFICO A FAVOR DO “HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA” NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 18/05/2019
 
1 DE ABRIL: O TEATRO COLÓN ACOLLEU O ACTO DE CELEBRACIÓN DO "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019" 30/04/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
​EMISIÓN DO SELO CONMEMORATIVO DO “DÍAS DAS ARTES GALEGAS” 2019 DEDICADO A LUIS SEOANE 28/04/2019
 
INICIATIVAS DE ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS PARA A CELEBRACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS”, EN HOMENAXE A LUIS SEOANE 27/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 
CONCESIÓN DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CONSTANCIA MUSICAL NA SÚA VERSIÓN PERSONALIZADA 25/04/2019
 
​ABERTO O PLAZO DE DEDICACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020 02/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia