Castellano Galego

​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
En sesión ordinaria celebrada o pasado sábado día 29 de xuño, tras a votación regulamentaria o plenario acordou conceder á fotógrafa documental dona Cristina García Rodero e ao coleccionista, mecenas e editor don José María Lafuente, o título de académicos de honra da Corporación.

Cristina García Rodero é membro de Número electa da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e primeira persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos. No ano 2010 o CGAC realizoulle unha exposición onde se recopila toda a súa obra vencellada a Galicia en colaboración do Círculo de Bellas Artes de Madrid, editándose un libro/catálogo “Trastempo” con textos de Manuel Rivas. É, así mesmo, Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes.
 
José María Lafuente, nado en Lugo, é coleccionista, editor e mecenas que mantén fortes vínculos con Galicia a través de creadores e profesionais da Arte galegos. No ano 2002 crea o Arquivo Lafuente, que desde entón reuniu preto de 150.000 pezas, que permiten percorrer a xénese, formulación e desenvolvemento das vangardas históricas en Europa e América Latina.
                                                        
Fotografía : Inauguración da exposición CRISTINA GARCÍA RODERO. TRANSTEMPO. CGAC, 18 novembro 2010 - 13 febreiro 2011.
Fotógrafo: Mario Llorca

Fotografía José María Lafuente
Fotógrafo: Manuel Álvarez

 

Fecha: 27/06/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 3 DE MARZO. PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL DIRIXIDO POR D. XURXO LOBATO “NÓVOA 1919-2019” 19/02/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 30/01/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020 24/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
ACTO DE INGRESO NA RAGBA DE DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO COMO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 21/11/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 09/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia