Castellano Galego

​CICLO DE CONFERENCIAS BAUHAUS. OUTUBRO 2019 – XANEIRO 2020

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

O vindeiro martes 15 de outubro dará comezo o Ciclo  Bauhaus, encadrado nos “Martes da Academia”, composto por sete conferencias e un concerto sobre esta influente corrente alemá.
 
O ciclo se abrirá o martes 15 de outubro coa conferencia “De  onde  veu a  Bauhaus feroz”, a cargo do arquitecto e académico numerario da  RAGBA don Celestino García Braña; o martes 22 de outubro terá lugar a charla titulada “As  orixes da  Bauhaus, beleza e funcionalidade  ao  mesmo nivel” a cargo do doutor arquitecto e académico de número da  RAGBA don Xosé Manuel Casabella López; o martes día 5 de novembro, o doutor arquitecto e académico numerario da  RAGBA don José Ramón  Soraluce  Blond impartirá a conferencia “Traumatismos do movemento moderno”; o martes 19 de novembro terá lugar a charla “Como pintar en  Bauhaus desde  Wittgenstein a King Kong”, a cargo do  Catedrádico de Escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra don Juan Fernando de la Iglesia; o martes 26 de novembro o doutor arquitecto e académico correspondente da RAGBA don Fernando Agrasar Quiroga, impartirá a conferencia titulada “Südbauhaus”; o martes 3 de decembro terá lugar un concerto a cargo do Director do Conservatorio Superior de Música da Coruña don Julio  Mourenza; o martes 17 de decembro o académico de número da RAGBA e Catdrático de Cine da USC don Ángel Luís Hueso Montón impartirá a charla “Reflexións cinematográficas no centenario da  Bauhaus” e por último, o martes 14 de xaneiro de 2020 terá lugar a conferencia “Bauhaus: a configuración da modernidade” charla que será impartida polo deseñador e académico numerario da  RAGBA don Xosé Díaz Arias de Castro.
 
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia  Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).
 
Para ver o díptico do Ciclo premer acó

Fecha: 06/10/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

​CICLO DE CONFERENCIAS BAUHAUS. OUTUBRO 2019 – XANEIRO 2020 06/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
MÉRCORES 30 DE OUTUBRO CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO "HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA" NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 03/10/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 01/10/2019
 
DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO, NOMEADO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 27/09/2019
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” DO ANO 2020. 01/07/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
1 DE ABRIL: O TEATRO COLÓN ACOLLEU O ACTO DE CELEBRACIÓN DO "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019" 30/04/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
​EMISIÓN DO SELO CONMEMORATIVO DO “DÍAS DAS ARTES GALEGAS” 2019 DEDICADO A LUIS SEOANE 28/04/2019
 
INICIATIVAS DE ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS PARA A CELEBRACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS”, EN HOMENAXE A LUIS SEOANE 27/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia