Castellano Galego

​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

A Real Academia Galega de Belas Artes celebrará Sesión Extraordinaria Pública para a entrega da Medalla de Prata "Marcial del Adalid" á Coral Polifónica de Bergantiños e os Premios á constancia musical na súa versión personalizada aos coralistas galardoados, terá lugar o sábado día 16 de novembro ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo (Rúa da Iglesia, s/n. - 15100 Carballo).

MEDALLA DE PRATA "MARCIAL DEL ADALID

O Plenario da Real Academia Galega de  Belas Artes en sesión celebrada o día 29 de xuño  acordou conceder a Medalla de Prata “Marcial del Adalid” á Coral Polifónica de Bergantiños, tras o informe favorable da Sección de Música no que se estima que a agrupación fundada no ano1969 reúne os requisitos esixidos no Regulamento, cunha consolidada traxectoria e calidade artística, pola súa achega á cultura musical que fai posible que a tradición coral e musical galega estea viva e que sexa transmitida ás xeracións futuras como parte da nosa identidade, fana merecedora desta distinción.

PREMIOS Á CONSTANCIA MUSICAL NA SÚA VERSIÓN PERSONALIZADA

O Plenario da Real Academia  Galega de  Belas Artes en sesión celebrada o día 23 de marzo acordou conceder o Premio “Marcial del Adalid” á constancia musical na súa versión personalizada, consistente en Diploma e Insignia, aos membros da Coral  Polifónica de Bergantiños: dona Pilar Fernández  Muíño, dona Dores  Lorenzo Andrade, dona Carmen Mira Pose e don  Andrés Rodríguez Serrano.
 
Con estes galardóns a Academia  Galega de  Belas Artes quixo dar resposta ás solicitudes realizadas por estas agrupacións corais co fin de premiar a aqueles membros que, coa súa constancia e calidade artística, fan posible a tradición coral galega como parte da nosa identidade. Deixando patente, desde a creación destes premios no ano 1949, o esforzo persoal e colectivo que supón manter vivas as corais galegas.

Para ver programa do acto premer acó

Fecha: 01/10/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

​CICLO DE CONFERENCIAS BAUHAUS. OUTUBRO 2019 – XANEIRO 2020 06/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
MÉRCORES 30 DE OUTUBRO CONCERTO BENÉFICO A FAVOR DO "HOGAR SOR EUSEBIA DE A CORUÑA" NA ACADEMIA DE BELAS ARTES 03/10/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 01/10/2019
 
DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO, NOMEADO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 27/09/2019
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE SERÁ O HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” DO ANO 2020. 01/07/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
1 DE ABRIL: O TEATRO COLÓN ACOLLEU O ACTO DE CELEBRACIÓN DO "DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019" 30/04/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
​EMISIÓN DO SELO CONMEMORATIVO DO “DÍAS DAS ARTES GALEGAS” 2019 DEDICADO A LUIS SEOANE 28/04/2019
 
INICIATIVAS DE ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS PARA A CELEBRACIÓN “DÍA DAS ARTES GALEGAS”, EN HOMENAXE A LUIS SEOANE 27/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia