Castellano Galego

NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

A Real Academia Galega de Belas Artes, coa inestimable colaboración de  Orphelion Ensemble, inician neste  curso 2019/20 a novena tempada de concertos benéficos, destinado á causa social de seis entidades galegas: “Hogar Sor Eusebia” de A Coruña; “Cáritas Interparroquial de A Coruña”; “La cocina Económica de A Coruña”; “Asociación Parkinson Galicia-A Coruña”; “Aldeas Infantiles SOS de Galicia” e “Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM)” de A Coruña.
 
A Academia desexa agradecer publicamente, aos compoñentes de  Orphelion Ensemble así como aos seus colaboradores: Ensemble Zoar; Cuarteto Schubert, e á pianista Alicia González Permuy o seu desinteresado espírito de servizo a esta iniciativa benéfico-social; igualmente  ás numerosas persoas que coa súa presenza e a súa axuda económica sosteñen esta iniciativa que a Academia desenvolve para unha causa tan sinalada, mentres contribúe con ela a manter e desenvolver a súa mesma razón de ser, a de servir, segundo os seus propios Estatutos, ao cultivo e fomento das Belas Artes en Galicia.
 
 
MÉRCORES, 30 DE OUTUBRO DE 2019
a beneficio de HOGAR SOR EUSEBIA
Obras de Wolfgang Amadeus Mozart
Intérpretes: Alicia González Permuy e Ensemble Zoar [Joan Ibáñez, frauta * David Villa, oboe * Antonio Suárez, clarinete * Benjamín Iglesias, trompa * Álex Salgueiro, fagot ].
 
MARTES, 10 DE DECEMBRO DE 2019
a beneficio de CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE A CORUÑA
Obras de Johann Sebastian Bach – Variaciones Goldberg
Intérpretes: Orphelion Ensemble - Trío de Cordas
 
MARTES, 24 DE MARZO DE 2020
a beneficio de LA COCINA ECONÓMICA DE A CORUÑA
Obras de Berea e Dupuy
Intérprete: Orphelion Ensemble
 
MARTES, 8 DE ABRIL DE 2020
a beneficio de ASOCIACION PARKINSON GALICIA-CORUÑA
Obras de Vivaldi, Dvorak e Bussi.
Intérpretes: Cuarteto Schubert [Fumika Yamamura, 1. violín * Adrián Linares, 2. violín * Gabriel Bussi, viola * Elena Escalza, violonchelo]
 
MARTES, 12 DE MAIO DE 2020
a beneficio de ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA
Obras de Ludwig Van Beethoven - Tchaikowsky
Intérprete: Orphelion Ensemble
 
MARTES, 30 DE XUÑO DE 2020
a beneficio de ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTALES (APEM)
Obras de Bach, Beethoven, Chopin, Rachmaninov y Kachaturian.
Intérprete: Alicia González Permuy [piano]

Fecha: 04/10/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020 18/02/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 30/01/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
ACTO DE INGRESO NA RAGBA DE DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO COMO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 21/11/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 09/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia