Castellano Galego

DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

En sesión ordinaria celebrada o sábado día 26 de outubro, tras a votación regulamentaria o plenario acordou conceder á escultora ceramista dona Elena Colmeiro González o título de académica de honra da Corporación.

Elena Colmeiro González, nada en  Costela, Silleda (Pontevedra), filla do pintor Manuel Colmeiro, trasladouse coa súa familia a Bos Aires cando tiña nove anos, lugar no cal cursou estudos técnicos e de pedagoxía para a obtención do título de profesor. Foi na capital arxentina onde realizou a súa primeira exposición en 1954, na cal xa deu mostras da súa peculiar arte de ceramista, eminentemente creadora, en formas e texturas. En 1955 volve a España e realiza exposicións en Vigo e Madrid, onde sorprende a súa inventiva e modernidade.
Despois de recibir unha bolsa por parte da Fundación Juan March, as súas creacións percorren o mundo en exposicións colectivas organizadas por institucións oficiais españolas obtendo numerosos premios como o primeiro premio na Bienal de Uruguai (1966) ou a medalla de ouro en  Faenza, Italia (1967).

A súa obra está representada en numerosos museos de España, Europa e América, así como en coleccións institucionais e particulares. Entre as súas exposicións individuais destacan a trixésima de "Grandes Artistas Gallegos" no Centro Cultural de Caixavigo (1994); a realizada no Kiosco Alfonso na Coruña; a da Fundación Caixa Galicia, na mesma cidade e a titulada “Costruíndo cos materiais” celebrada na Casa das Artes de Vigo (2019).

Elena Colmeiro non é exactamente e só, ao modo convencional, unha ceramista senón unha escultora; unha creadora de formas no espazo, cunha peculiar concepción abstractiva con síntese nas que as referencias se estilizan, modifícanse, renóvanse, para  absorberen unha larguísima tradición na que está toda a escultura do século vinte onde a súa gran inventiva púxoa nun lugar destacado da vangarda da cerámica escultórica con recoñecemento internacional.

Fotografía Xurxo Lobato

Fecha: 26/10/2019







Contacto  |  Aviso legal  |  

A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
SENTIR DA ACADEMIA POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO DE HONRA DON ANTONIO BONET CORREA ​ 25/05/2020
 
18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 12/05/2020
 
​SENTIR DA ACADEMIA POLO PASAMENTO DO MUSICÓLOGO PADRE CALO ​ 10/05/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
18 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS 17/04/2020
 
A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES SÚMASE Á CHAMADA DA UNESCO NO DÍA 15 DE ABRIL “DÍA MUNDIAL DA ARTE” 15/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
 
QUEDAN APRAZADOS OS ACTOS CULTURAIS DOS MARTES DAS ARTES ATA NOVO AVISO 12/03/2020
 
​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020 18/02/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
ACTO DE INGRESO NA RAGBA DE DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO COMO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 21/11/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 09/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia