Castellano Galego

​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Baixo a organización da Real Academia Galega de Belas Artes e a colaboración dos Conservatorios Superior e Profesional da Coruña, terá lugar entre os meses de marzo a maio o ciclo de concertos Beethoven 2020, coincidindo co 250 aniversario do nacemento do compositor.
 
O primeiro concerto terá lugar o martes día 10 de marzo a cargo de don Julio  Mourenza, Director e Catedrático de Piano do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que interpretará: “Momentos musicais 1, 2 e 3, D 780” de Schubert e “Sonata para piano nº 23 en  Fa menor opus 57, “ Appassionata” de Beethoven nun acto presentado polo compositor e académico numerario don Juan Durán; o día 31 de marzo o violinista Javier Cedrón e a pianista Loreto Pérez, ambos profesores do Conservatorio Profesional de Música, interpretarán as obras de Beethoven “Romanza para violín e piano en Fa Maior,  opus 50” e “Sonata para violín e piano nº 5 en Fa Maior, opus 24 “Primavera” e será presentado por don José Crisanto Gándara, Catedrático de Historia da Música do Conservatorio Superior de Música da Coruña; o terceiro concerto do ciclo, no que intervirá un Grupo Instrumental de profesores dos Conservatorios Profesional e Superior de Música da Coruña composto por: dona Uxía Bolaño e dona Marta Sancho (Clarinetes); don Julio Cabo e don César Concheiro (Frautas); don Lluis Domínguez e don Emilio  Ubach ( Fagotes); dona Alejandra Rivera ( Contrafagot); dona Aida  Lozano e don  Benjamín Iglesias (Trompas); dona Beatriz Rodríguez (Violín); Diego Segade (Viola) e Gabriel López (Piano), terá lugar o día 28 de abril, e será presentado por don Jesús Coello, Catedrático de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña; os dous últimos concertos terán lugar no mes de maio, o día 19 coas obras: “Transcrición para piano do primeiro movemento da sinfonía  n°. 5 de Beethoven” de Franz  Liszt e “Sonata para piano nº 21 en  Do Maior  opus 53, “Waldstein” de Beethoven a cargo de don Pablo Diago, profesor do Conservatorio Profesional de Música e presentado polo o compositor e académico numerario don Juan Durán, para finalizar o Ciclo o día 26 no que don Daniel  Zacarés, profesor do Conservatorio Profesional de Música, interpretará as obras de  Beethoven “Rondo  opus 51 nº 2 en Sol Maior” e “Sonata para piano nº 31 en La b Maior  opus 110” e “Fantasía sobre un ostinato (baseada nun tema de Beethoven)” de John  Corigliano, nun acto presentado polo compositor e académico numerario don Juan Durán.
 
Todos os concertos do Ciclo Terán lugar ás 20 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes.

Fecha: 24/01/2020







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 3 DE MARZO. PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL DIRIXIDO POR D. XURXO LOBATO “NÓVOA 1919-2019” 19/02/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 30/01/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020 24/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
ACTO DE INGRESO NA RAGBA DE DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO COMO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 21/11/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 09/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia