.jpg)
 CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020
 CICLO BAUHAUS OUTUBRO 2019 - XANEIRO 2020  CONCERTOS BENÉFICOS TEMPADA 2019 - 2020
|
A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES COS CREADORES E CREADORAS
A través desta páxina a Academia Galega de Belas Artes quere abrirse a creadores e creadoras galegas, especialmente sensibles ante esta situación que tanto inflúe na cultura e na creatividade como parte dela. Polo cal convidase a que se nos remita obra da vosa autoría, debidamente autorizada, para logo ser contrastada e espallada: vídeo, fotografías, etc. cun peso máximo de 10MB, así como artigos, opinións ou mesmo reflexións. Material que pode ser remitido ao e-mail da Academia: info@academiagalegabelasartes.gal cunha introducción breve de tres ou catro liñas de currículum.
A galería de ceradores e creadoras pode ser consultada no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/pg/Real-Academia-Galega-de-Belas-Artes-451395558235139/photos/?tab=album&album_id=3800844039956924
“MARTES DAS ARTES” DA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES
CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020
Baixo a organización da Real Academia Galega de Belas Artes e a colaboración dos Conservatorios Superior e Profesional da Coruña, terá lugar entre os meses de marzo a maio o ciclo de concertos Beethoven 2020, coincidindo co 250 aniversario do nacemento do compositor.
O primeiro concerto terá lugar o martes día 10 de marzo a cargo de don Julio Mourenza, Director e Catedrático de Piano do Conservatorio Superior de Música da Coruña, que interpretará: “Momentos musicais 1, 2 e 3, D 780” de Schubert e “Sonata para piano nº 23 en Fa menor opus 57, “ Appassionata” de Beethoven nun acto presentado polo compositor e académico numerario don Juan Durán; o día 31 de marzo o violinista Javier Cedrón e a pianista Loreto Pérez, ambos profesores do Conservatorio Profesional de Música, interpretarán as obras de Beethoven “Romanza para violín e piano en Fa Maior, opus 50” e “Sonata para violín e piano nº 5 en Fa Maior, opus 24 “Primavera” e será presentado por don José Crisanto Gándara, Catedrático de Historia da Música do Conservatorio Superior de Música da Coruña; o terceiro concerto do ciclo, no que intervirá un Grupo Instrumental de profesores dos Conservatorios Profesional e Superior de Música da Coruña composto por: dona Uxía Bolaño e dona Marta Sancho (Clarinetes); don Julio Cabo e don César Concheiro (Frautas); don Lluis Domínguez e don Emilio Ubach ( Fagotes); dona Alejandra Rivera ( Contrafagot); dona Aida Lozano e don Benjamín Iglesias (Trompas); dona Beatriz Rodríguez (Violín); Diego Segade (Viola) e Gabriel López (Piano), terá lugar o día 28 de abril, e será presentado por don Jesús Coello, Catedrático de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Música da Coruña; os dous últimos concertos terán lugar no mes de maio, o día 19 coas obras: “Transcrición para piano do primeiro movemento da sinfonía n°. 5 de Beethoven” de Franz Liszt e “Sonata para piano nº 21 en Do Maior opus 53, “Waldstein” de Beethoven a cargo de don Pablo Diago, profesor do Conservatorio Profesional de Música e presentado polo o compositor e académico numerario don Juan Durán, para finalizar o Ciclo o día 26 no que don Daniel Zacarés, profesor do Conservatorio Profesional de Música, interpretará as obras de Beethoven “Rondo opus 51 nº 2 en Sol Maior” e “Sonata para piano nº 31 en La b Maior opus 110” e “Fantasía sobre un ostinato (baseada nun tema de Beethoven)” de John Corigliano, nun acto presentado polo compositor e académico numerario don Juan Durán.
Todos os concertos do Ciclo Terán lugar ás 20 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes.
CICLO DE CONFERENCIAS “HISTORIAS DE TRES PALACIOS”. XANEIRO – FEBREIRO 2020
O vindeiro martes 21 de xaneiro dará comezo o Ciclo “Historias de tres Palacios”, encadrado nos “Martes da Academia”.
Historias de tres Palacios conforma un ciclo expositivo de tres conferencias nas que se pretende dar a coñecer ao público a realidade histórico-arquitectónica e urbana de tres importantes edificios galegos que ou despareceron ou se atopan moi seriamente transformados. Os tres tiveron en común ser residencias señoriais de carácter pacego que aspiraron a ter un sentido representativo. Ao mesmo tempo, no ciclo poderase apreciar o manexo das distintas fontes para tratar de achegarnos á súa realidade virtual a través de moi rechamantes restitucións en 3D.
El ciclo dará comenzo o martes 21 de xaneiro coa conferencia “Una página negra en la tutela del patrimonio monumental. La destrucción del Palacio de los Condes de Andrade en Pontedeume”, a cargo do Profesor titular de Historia da Arte da USC don Jesús A. Sánchez García; o martes 28 de xaneiro terá lugar a charla titulada “El último Palacio Gótico de A Coruña” a cargo do Profesor titular de Historia da Arte da USC don Julio Vázquez Castro rematando o Ciclo o día 4 de febreiro coa conferencia titulada “Memoria de una metamorfosis: la Casa-palacio de Capitanía General de Ferrol” impartida polo Catedrático de Historia da Arte da USC don Alfredo Vigo Trasancos.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).
Para ver o díptico do Ciclo premer acó
CICLO DE CONFERENCIAS BAUHAUS. OUTUBRO 2019 – XANEIRO 2020
O vindeiro martes 15 de outubro dará comezo o Ciclo Bauhaus, encadrado nos “Martes da Academia”, composto por sete conferencias e un concerto sobre esta influente corrente.
Ao longo de máis de cen anos en Europa iniciouse un proceso arquitectónico que, primeiro baseado no ferro e despois no formigón, lenta pero inexorablemente, foi impoñendo procesos de racionalidade construtiva. Á súa vez o desenvolvemento industrial e a procura da eficiencia produtiva foron cambiando un modo de pensar que, como consecuencia lóxica, removeu os tradicionais argumentos construtivos. O camiño percorrido cristalizou, entre outras institucións na Bauhaus que, rapidamente estendeu a súa influencia que aínda continúa nos nosos días.
O ciclo se abrirá o martes 15 de outubro coa conferencia “De onde veu a Bauhaus feroz”, a cargo do arquitecto e académico numerario da RAGBA don Celestino García Braña; o martes 22 de outubro terá lugar a charla titulada “As orixes da Bauhaus, beleza e funcionalidade ao mesmo nivel” a cargo do doutor arquitecto e académico de número da RAGBA don Xosé Manuel Casabella López; o martes día 5 de novembro, o doutor arquitecto e académico numerario da RAGBA don José Ramón Soraluce Blond impartirá a conferencia “Traumatismos do movemento moderno”; o martes 19 de novembro terá lugar a charla “Como pintar en Bauhaus desde Wittgenstein a King Kong”, a cargo do Catedrádico de Escultura da Facultade de Belas Artes de Pontevedra don Juan Fernando de la Iglesia; o martes 26 de novembro o doutor arquitecto e académico correspondente da RAGBA don Fernando Agrasar Quiroga, impartirá a conferencia titulada “Südbauhaus”; o martes 3 de decembro terá lugar un concerto a cargo do Director do Conservatorio Superior de Música da Coruña don Julio Mourenza; o martes 17 de decembro o académico de número da RAGBA e Catdrático de Cine da USC don Ángel Luís Hueso Montón impartirá a charla “Reflexións cinematográficas no centenario da Bauhaus” e por último, o martes 14 de xaneiro de 2020 terá lugar a conferencia “Bauhaus: a configuración da modernidade” charla que será impartida polo deseñador e académico numerario da RAGBA don Xosé Díaz Arias de Castro.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).
CONCERTOS BENÉFICOS.
NOVENA TEMPADA 2019/20
A Real Academia Galega de Belas Artes, coa inestimable colaboración de Orphelion Ensemble, inician neste curso 2019/20 a novena tempada de concertos benéficos, destinado á causa social de seis entidades galegas: “Hogar Sor Eusebia” de A Coruña; “Cáritas Interparroquial de A Coruña”; “La cocina Económica de A Coruña”; “Asociación Parkinson Galicia-A Coruña”; “Aldeas Infantiles SOS de Galicia” e “Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM)” de A Coruña.
A Academia desexa agradecer publicamente, aos compoñentes de Orphelion Ensemble así como aos seus colaboradores: Ensemble Zoar; Cuarteto Schubert, e á pianista Alicia González Permuy o seu desinteresado espírito de servizo a esta iniciativa benéfico-social; igualmente ás numerosas persoas que coa súa presenza e a súa axuda económica sosteñen esta iniciativa que a Academia desenvolve para unha causa tan sinalada, mentres contribúe con ela a manter e desenvolver a súa mesma razón de ser, a de servir, segundo os seus propios Estatutos, ao cultivo e fomento das Belas Artes en Galicia.
MÉRCORES, 30 DE OUTUBRO DE 2019
a beneficio de HOGAR SOR EUSEBIA
Obras de Wolfgang Amadeus Mozart
Intérpretes: Alicia González Permuy e Ensemble Zoar [Joan Ibáñez, frauta * David Villa, oboe * Antonio Suárez, clarinete * Benjamín Iglesias, trompa * Álex Salgueiro, fagot ].
MARTES, 10 DE DECEMBRO DE 2019
a beneficio de CÁRITAS INTERPARROQUIAL DE A CORUÑA
Obras de Johann Sebastian Bach – Variaciones Goldberg
Intérpretes: Orphelion Ensemble - Trío de Cordas
MARTES, 24 DE MARZO DE 2020
a beneficio de LA COCINA ECONÓMICA DE A CORUÑA
Obras de Berea e Dupuy
Intérprete: Orphelion Ensemble
MARTES, 8 DE ABRIL DE 2020
a beneficio de ASOCIACION PARKINSON GALICIA-CORUÑA
Obras de Vivaldi, Dvorak e Bussi.
Intérpretes: Cuarteto Schubert [Fumika Yamamura, 1. violín * Adrián Linares, 2. violín * Gabriel Bussi, viola * Elena Escalza, violonchelo]
MARTES, 12 DE MAIO DE 2020
a beneficio de ALDEAS INFANTILES SOS GALICIA
Obras de Ludwig Van Beethoven - Tchaikowsky
Intérprete: Orphelion Ensemble
MARTES, 30 DE XUÑO DE 2020
a beneficio de ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTALES (APEM)
Obras de Bach, Beethoven, Chopin, Rachmaninov y Kachaturian.
Intérprete: Alicia González Permuy [piano]
|