NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA
En sesión ordinaria celebrada o pasado sábado día 29 de xuño, tras a votación regulamentaria o plenario acordou conceder á fotógrafa documental dona Cristina García Rodero e ao coleccionista, mecenas e editor don José María Lafuente, o título de académicos de honra da Corporación.
Cristina García Rodero é membro de Número electa da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e primeira persoa de nacionalidade española integrante de Magnum Photos. No ano 2010 o CGAC realizoulle unha exposición onde se recopila toda a súa obra vencellada a Galicia en colaboración do Círculo de Bellas Artes de Madrid, editándose un libro/catálogo “Trastempo” con textos de Manuel Rivas. É, así mesmo, Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes.
José María Lafuente, nado en Lugo, é coleccionista, editor e mecenas que mantén fortes vínculos con Galicia a través de creadores e profesionais da Arte galegos. No ano 2002 crea o Arquivo Lafuente, que desde entón reuniu preto de 150.000 pezas, que permiten percorrer a xénese, formulación e desenvolvemento das vangardas históricas en Europa e América Latina.
Fotografía : Inauguración da exposición CRISTINA GARCÍA RODERO. TRANSTEMPO. CGAC, 18 novembro 2010 - 13 febreiro 2011.
Fotógrafo: Mario Llorca
Fotografía José María Lafuente
Fotógrafo: Manuel Álvarez
Fecha: 27/06/2019
|
|
|