Castellano Galego

DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

É desexo da Academia Galega de Belas Artes, como cada ano, celebrar  e compartir a xornada do 1 de Abril como “Día das Artes Galegas”. Aínda nesta difícil situación que nos tocou vivir, sometidos á prudencia individual e colectiva.
 
Xornada na que esta decana institución convida á cidadanía e aos colectivos a facer memoria en que tal xornada do ano 1188 o Mestre Mateo asenta os linteis do Pórtico da Gloria, como así deixa escrito baixo dos mesmos.
 
Nesta ocasión do ano 2021 data coincidinte co  Xoves Santo dun Ano Xubilar Compostelán, na que a Academia sigue dedicando a un tempo de florecer nas artes, o Barroco Galego, así como á singularidade que exerceu no mesmo o arquitecto ceense  Domingo de Andrade. Con tal motivo a Institución realizará arredor destas datas, deste arquitecto e  deste momento histórico varias actividades, complementadas dunha serie de estudios e publicacións divulgativas.
 
Domingo Antonio de Andrade
(Cee, A Coruña, 1639-Santiago de Compostela, 1712)
 
Fillo de labradores acomodados e de orixe fidalga, mesmo o seu pai exerceu coma xuíz nas xurisdicións de Vimianzo, Mens e Cee. Domingo de Andrade, en 1654 comezou os seus estudos na Universidade Compostelán en 1654 aínda que os abandonou tras unha enfermidade . No 1668 casou con Isabel Areas Canosa con quen tivo 10 fillos, 5 dos cales faleceron antes de chegar á adultez sendo os outros, dous franciscanos en Santiago e tres agustinas en Lugo e Betanzos. En 1699 Domingo de Andrade ordenouse como presbítero ao quedar viúvo.

Comezou a traballar na capital compostelá en 1662 e fixoo como entallador de oficio, preocupado principalmente pola estrutura compositiva de retablos en madeira. Algunhas das súas obras son: o tabernáculo da Catedral de Santiago, estrutura que repetirá no baldaquino da Capela do Santo Cristo da Catedral de Ourense e o baldaquino do Altar Maior da igrexa do mosteiro de Oseira.
 
En 1676 é nomeado Mestre Maior de obras da Catedral Compostelán, comezando coa súa primeira obra: a Torre do Reloxo  (1680) caracterizada pola súa monumentalidade e solidez en harmonía co conxunto catedralicio. En 1696 o cabido santiagués encárgalle a nova Sancristía (hoxe Capela de Nosa Señora do Pilar) da que fixo as trazas e  foi substituído por Casas Nóvoa no 1711.
 
En 1700 realizou o Pórtico Real da Quintana, horizontalidade en contraste coa esvelteza da Torre do Reloxo. Así mesmo traballou no convento de San Domingos de Bonaval en tres partes principais: a fachada da portería, os cuartos e o claustro onde aparecen as súas características sartas de froitas e o virtuosismo da afamada escaleira de caracol. Resulta sobranceira, como mostra de arquitectura urbana, a Casa da Parra (1683) e a Casa da Conga (1709) que el comezou, aínda que finalmente a realización se atribúe a Casas Nóvoa. Ademais, fora de Compostela realizou, entre outras, a sala capitular e a sancristía da Catedral de Lugo, interiores tamén co seu característico encalado en branco.
 
Persoeiro posuidor dunha gran cultura debido á súa relación, dende 1658, co cóengo fabriqueiro don José de Vega y Verdugo. A súa obra “Excelencias, antigüedad y nobleza de la Arquitectura” (Santiago, 1695) ven a demostrar a súa erudición e expresa a súa teoría arquitectónica.
 
CARTEL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2020-2021
 
A Real Academia Galega de Belas Artes presenta o cartel para a celebración do “Día das Artes Galegas” en homenaxe a Domingo de Andrade. Deseño realizado polo académico de número da Sección de Artes da Imaxe, don Xosé Díaz Arias de Castro a partir do retrato de Domingo de Andrade que se atopa na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, obra do pintor e académico Felipe Criado (1928-2013), quen fora membro numerario da Sección de Pintura e Gravado desta Institución.

 

Fecha: 08/03/2021







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 26 DE OUTUBRO. CONFERENCIA: "ARQUITECTURAS PARA A VIDA MODERNA: AS PIONEIRAS" POR LUZ PAZ AGRAS 08/10/2021
 
INGRESO DE D. JESÚS NÚÑEZ FERNÁNDEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA DA RAGBA. SÁBADO 2 DE OUTUBRO NA FUNDACIÓN CIEC DE BETANZOS 02/10/2021
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2022, A JOSÉ OTERO ABELEDO “LAXEIRO” 26/06/2021
 
MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 17/06/2021
 
RAFAEL MONEO, ACADÉMICO DE HONRA, LEÓN DE OURO NA BIENAL DE VENECIA 2021 24/05/2021
 
1 DE ABRIL: LEMBRANZA A DOMINGO DE ANDRADE COA COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA NO SEU LUGAR DE ENTERRAMENTO 05/04/2021
 
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE 08/03/2021
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONRA DNA. ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ 25/02/2021
 
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021: LOLITA DÍAZ BALIÑO 25/01/2021
 
TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE 25/01/2021
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia