ARTECONFINARTE
O tempo do coronavirus polo que supón de confinamento e couto das liberdades, reporta reflexión, reformulacións creativas...é polo que a Academia Galega de Belas Artes, a través súa páxina web abre unha sección baixo a suxestión do epígrafe ARTE CON FIN ARTE. Apartado dedicado a aqueles creadores que queiran facernos chegar, a través do correo electrónico info@academiagalegabelasartes.gal, unha foto, vídeo, mensaxe de voz, poema ou breve texto da súa creación, inspirada precisamente neste couto de liberdades. Creacións que irán acompañadas de dúas liñas: identificación do autor e do fin da obra presentada. Material que revisado pasará a constituír un xeito de exposición virtual, ademais con miras de un programa futuro.
GALERÍA ARTECONFINARTE EN FACEBOOK INSTAGRAM
Fecha: 24/04/2020
|
|
|