Castellano Galego

SENTIR DA ACADEMIA POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO DE HONRA DON ANTONIO BONET CORREA ​

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

A Real Academia Galega de Belas Artes quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento, o pasado día 22 de maio, do catedrático e historiador da Arte Don Antonio Bonet Correa (A Coruña, 1925-Madrid,2020), exdirector da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e do seu museo.
Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela en 1948, diplomouse en Museoloxía pola Escola do Louvre e doctorou en Historia da Arte, obtendo a súa cátedra de Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Complutense de Madrid, universidade da que fue vicerreitor de 1981 a 1983.

Ingresou en 1987 na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando coa lectura do discurso Los cafés históricos en España e foi o seu director entre 2009 e 2015.

O 31 de xaneiro de 1998 foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega de Belas Artes e posteriormente Académico de Honra (26/01/2002) mediante o acordo unánime do plenario. Ingresou na Institución o 13 de maio de 2005 no Salón de Actos da sede académica cun discurso titulado La plaza de María Pita y la trama urbana de La Coruña, que foi contestado en representación da Academia por Doña María Victoria Carballo-Calero Ramos, académica numeraria da Sección de Expertos nas Artes e actual Arquiveira - Bibliotecaria da Institución



Fecha: 25/05/2020







Contacto  |  Aviso legal  |  

12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
SENTIR DA ACADEMIA POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO DE HONRA DON ANTONIO BONET CORREA ​ 25/05/2020
 
18 DE MAIO. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 12/05/2020
 
​SENTIR DA ACADEMIA POLO PASAMENTO DO MUSICÓLOGO PADRE CALO ​ 10/05/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
18 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS 17/04/2020
 
A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES SÚMASE Á CHAMADA DA UNESCO NO DÍA 15 DE ABRIL “DÍA MUNDIAL DA ARTE” 15/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
 
QUEDAN APRAZADOS OS ACTOS CULTURAIS DOS MARTES DAS ARTES ATA NOVO AVISO 12/03/2020
 
​CICLO DE CONCERTOS BEETHOVEN 2020. MARZO-MAIO 2020 18/02/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
ACTO DE INGRESO NA RAGBA DE DON JUAN PEDRO DURÁN ALONSO COMO ACADÉMICO DE NÚMERO ELECTO DA SECCIÓN DE MÚSICA 21/11/2019
 
​ENTREGA DOS PREMIOS “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BERGANTIÑOS 09/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
NOVENA TEMPADA DE CONCERTOS BENÉFICOS 2019/2020 04/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
EDICIÓN DE “AVANT LA LETTRE” CARTAZ PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ARTES GALEGAS EN HOMENAXE A LUIS SEOANE REALIZADO POR QUINTANA MARTELO 29/04/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia