Castellano Galego

12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Informamos que xa está aberto o prazo de recepción de traballos para incluír en ABRENTE número 51, publicación da Real Academia Galega de Belas Artes dedicada ás Belas Artes e ao Patrimonio Cultural cunha periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ás Artes, así como aproximacións interdisciplinares que contribúan a enriquecer o seu estudo.
 
     Cada traballo será lido polos membros do Comité de Redacción, que contará cun Comité Científico externo que emitirá un informe confidencial sobre o mesmo. A responsabilidade final para a aceptación dun artigo recae sobre a Dirección da revista e do seu Comité de Redacción.
 
     Os traballos deben ser inéditos e poderán estar escritos en galego, castelán, portugués, inglés e francés.
 
     A extensión máxima do traballo impreso será de 10 páxinas, a espazo sinxelo e por unha soa cara, en papel de formato  DIN-A4. Empregarase letras Times Roman de corpo 12 no título do traballo, o texto e as referencias bibliográficas. Nas notas ao pé de páxina, no caso de que as haxa, utilizarase letra de corpo 10, así como nas citas longas (de 3 ou máis liñas) nas que tamén se empregará un corpo 10 pt en parágrafo aparte e con sangrado pola esquerda.
 
     Os traballos deberán ir encabezados do xeito seguinte:
  • Título do artigo: Times Roman de corpo 12, centrado, en maiúsculas e negrita.
  • Nome e apelidos do autor: debaixo do título, centrado, en minúsculas, letra Times Roman de corpo 10.
  • Institución á que pertence o autor: debaixo do nome, centrado, en minúsculas, letra Times Roman de corpo 10.
  • Breve resumen do artigo en galego/castelán: de extensión non superior a 150 palabras (non máis de 10 liñas).
  • Palabras chave do artigo en galego/castelán: Cinco como máximo.
  • Traducción do resumo ao inglés (abstract).
  • Traducción das palabras chave ao inglés (keywords).
     O modelo de citación que se seguirá é o  HARVARD que utiliza paréntese dentro do texto en lugar de notas ao pé de páxina ou ao final do texto. A cita ofrece a información sobre o autor, o ano de publicación e a páxina que conduce ao lector ás referencias bibliográficas que se deben consignar ao final do artigo.
 
     A sangría da primeira liña dos parágrafos tanto no texto como nas notas farase coa opción específica do menú formato ou deseño de parágrafo. Nunca se usará o  espaciador para este fin ou a tecla de  tabulación.   
 
     Os mapas, gráficos, debuxos, planos e fotografías irán numerados consecutivamente en caracteres  arábigos ( Fig. 1,  Fig. 2…). Os pés correspondentes serán o máis completos posibles (autor, obra, localización e cronoloxía). As figuras presentaranse en formato  TIFF ou  JPG cunha resolución de 300 puntos por polgada ou superior. En cada artigo poderán incluírse ata 10 imaxes.
 
     As citas textuais curtas que non excedan as tres liñas irán inserir no parágrafo entre dobres comiñas altas (“…”). As citas que excedan os tres liñas formarán un parágrafo aparte con sangrado pola esquerda, letra Times  Roman de corpo 10 e interlineado sinxelo.    
 
Os traballos serán remitidos polos autores ao enderezo:
 
Abrente
Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario.
Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1.
15001 A Coruña.
Correo electrónico: info@academiagalegabelasartes.gal
 
     De cada traballo se presentará:
  • Unha copia impresa ou en pdf no que que se inclúan as imaxes, cadros ou planos nos lugares nos que se suxire que vaian colocados.
  • Unha copia do artigo no procesador de texto utilizado, indicando programa e versión.
  • Un arquivo numerado por cada unha das imaxes, cadros, táboas ou planos coa máxima calidade posible.
  • Un arquivo coa relación de figuras numeradas correlativamente e os correspondentes pés.
  • Un arquivo no que se inclúa o enderezo do autor, un teléfono de contacto e un breve currículo de dez liñas aproximadamente no que constará a súa titulación, o centro ao que pertence, así como as súas principais liñas de investigación e publicacións máis relevantes.
     Os editores resérvanse o dereito de facer leves alteracións nos traballos recibidos co fin de corrixir erros mecánicos ou lingüísticos. Se as modificacións necesarias fosen de maior entidade, consultaranse co autor para pedirlle a súa aprobación para tal efecto. Os editores tamén se reservan a non publicación das figuras que carezan de calidade suficiente.
 
     As probas de imprenta serán revisadas polos autores, os cales realizarán os cambios mínimos necesarios e devolverán os orixinais nun prazo de dez naturais a partir da data de recepción. O atraso na devolución das probas implicará que o autor asume que o seu artigo publicarase sen as súas correccións.
 
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS:
     Ao final do artigo incluiranse todas as referencias bibliográficas citadas no traballo por orde alfabética e cronolóxica. Se dun autor cítase máis dunha obra do mesmo ano diferenciaranse engadindo unha letra por orde alfabética a continuación do ano de publicación do seguinte modo:  Vilela Martínez,  J. A.  (1985a) ou Vilela Martínez,  J. A. (1985 b).
 
Libro
     Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título do libro en  cursiva, Edición, Lugar de publicación, Editorial.
Dahl, R. A. (1999): La democracia. Una guía para los ciudadanos, Madrid, Taurus.    
 
Capítulo de libro
     Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): "Título do capítulo", en Iniciais do nome, Apelidos do editor, Título do libro en  cursiva, Lugar de publicación, Editorial, páxinas do capítulo.
Wildavsky, A. (1989): “A cultural theory of leadership”, en B. D. Jones, ed., Leadership and politics: new perspectives in Political Science, Lawrence, Kansas University Press, pp. 163-164.   
 
Artigo de revista científica
     Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): "Título do artigo", Título da revista en  cursiva, Volume da revista (Número da revista), páxinas.
Enders, W. y T. Sandler (1993): “The effectiveness of antiterrorism policies: a vector-autoregression-intervention analysis”, American Political Science Review, 87(4), pp. 829-844.   
 
Traballo académico (Tese, TFG, TFM) non publicado
     Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título da tese en  cursiva, Clase de traballo, Universidade na que se presenta, Lugar.
Galais, C. (2008): ¿Socialización o contexto? La implicación política subjetiva de los españoles (1985-2006), Tesis doctoral inédita, Universidad Pompeu Fabra, Barcelona.  
 
Comunicación dun congreso
     Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): "Título da comunicación ou relatorio", en Título do congreso en  cursiva, Lugar de publicación, Editor.
Boundi Boundi, M. (2008): “Marruecos: estructuras sociales y tendencias de consumo en una sociedad en transición”, en Sociedad, consumo y sostenibilidad. Actas del XIII Congreso Nacional de Sociología en Castilla-La Mancha, Toledo, Asociación Castellano-Manchega de Sociología.
 
Informe técnico
     Apelidos, Iniciais do nome ou nome do autor/a corporativo (Ano): Título do informe en  cursiva, Lugar de publicación, Editor.
Red Nacional de Ferrocarriles Españoles (2011): Informe anual RENFE, Madrid, RENFE, Dirección de Comunicación Corporativa y Relaciones Externas. 
 

Fecha: 12/06/2020







Contacto  |  Aviso legal  |  

VENRES 20 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA A CARGO DE ANA GOY DIZ “PATRIMONIO MUNDIAL NA DIÓCESE MINDONIENSE. A CATEDRAL DE MONDOÑEDO” 19/11/2020
 
MÉRCORES 18 DE NOVEMBRO INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FACER CAMIÑO EN PONTEVEDRA E POSTERIOR CONFERENCIA “PONTEVEDRA: UN FITO NOS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN A SANTIAGO” A CARGO DE XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ 09/11/2020
 
MARTES 8 DE SETEMBRO: INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN ITINERANTE “FACER CAMIÑO” EN CEE 01/09/2020
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE SETEMBRO. RUTAS DE ARQUITECTURA: ESCENARIO DO BARROCO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 31/08/2020
 
EXPOSICIÓN ITINERANTE “FACER CAMIÑO” EN A CORUÑA 25/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
​O ARQUITECTO DOMINGO DE ANDRADE HOMENAXEADO POLA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES NO “DÍA DAS ARTES GALEGAS” 2020. 01/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
DONA ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ NOMEADA ACADÉMICA DE HONRA 26/10/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia