Castellano Galego

​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2022, A JOSÉ OTERO ABELEDO “LAXEIRO”

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) celebrou o 26 de xuño Sesión Ordinaria no Salón de Actos do Museo de Belas Artes da Coruña, na que decidiu, por aclamación,  homenaxear  ao longo de 2022 e en especial o Día das Artes Galegas, 1 de abril,  a José Otero Abeledo “Laxeiro” (Lalín, 1908 - Vigo, 21 de xullo de 1996). Proposta subscrita por académicos e varios colectivos culturais de Galicia.
 
A iniciativa desta celebración na xornada de cada 1 de abril, naceu da RAGBA no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188  dirixiu a colocación dos linteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelana, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2020-21 a figura homenaxeada foi o arquitecto barroco Domingo de Andrade.
 
Motivo neste caso  para a afondar e difundir a figura de LAXEIRO, decisiva para o desenvolvemento e difusión da arte galega no século XX, cuxa obra moderna e renovadora estivo sempre comprometida coa realidade do contexto sociocultural do seu tempo.
 
Nesta mesma sesión, tras a votación regulamentaria, o plenario acordou conceder a Jesús Núñez Fernández (Betanzos, A Coruña, 1927), pintor, escultor e gravador, o título de académico de Honra da Corporación.
 
Jesús Núñez estudou gravado na Escuela de Bellas Artes de San Fernando e na Escuela Nacional de Artes Gráficas, en Madrid, ampliando seguidamente os seus estudos en Berlín e París.
 
A súa obra abarca practicamente todas as técnicas do gravado, así como a pintura, a escultura, o deseño téxtil e de xoias, e mesmo o deseño de mobiliario, encontrándose representado nos principais museos nacionais de arte contemporánea.
 
Creou e impulsou o Centro Internacional da Estampa Contemporánea na súa localidade natal que en 1997 converteuse nunha importante fundación dedicada á ensinanza e divulgación das técnicas artísticas, que recibe a artistas e profesores dos cinco continentes.

Fecha: 26/06/2021







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 26 DE OUTUBRO. CONFERENCIA: "ARQUITECTURAS PARA A VIDA MODERNA: AS PIONEIRAS" POR LUZ PAZ AGRAS 08/10/2021
 
INGRESO DE D. JESÚS NÚÑEZ FERNÁNDEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA DA RAGBA. SÁBADO 2 DE OUTUBRO NA FUNDACIÓN CIEC DE BETANZOS 02/10/2021
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2022, A JOSÉ OTERO ABELEDO “LAXEIRO” 26/06/2021
 
MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 17/06/2021
 
RAFAEL MONEO, ACADÉMICO DE HONRA, LEÓN DE OURO NA BIENAL DE VENECIA 2021 24/05/2021
 
1 DE ABRIL: LEMBRANZA A DOMINGO DE ANDRADE COA COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA NO SEU LUGAR DE ENTERRAMENTO 05/04/2021
 
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE 08/03/2021
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONRA DNA. ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ 25/02/2021
 
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021: LOLITA DÍAZ BALIÑO 25/01/2021
 
TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE 25/01/2021
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia