XOVES DÍA 27 DE XANEIRO ACTO DE ENTREGA DA DOAZÓN DA OBRA DA SERIE FORMAS NO ESPAZO CON MOTIVO DO INGRESO DE JESÚS NÚÑEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA
A Academia Galega de Belas Artes organizará o vindeiro xoves 27 de xaneiro ás 20:00 horas o acto de entrega dunha obra de don Jesús Núñez con motivo do seu ingreso como académico de honra.
O novo membro honorario fará a doazón dun cadro da serie “Formas no Espazo”, realizado en 2013. A continuación terá lugar unha conversa na que participarán o propio artista e o académico numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía e secretario Xeral da RAGBA don Felipe-Senén López Gómez.
DÍA: xoves 27 de xaneiro
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)
A confirmación de asistencia poderase realizar no teléfono 981 211 602 ou no email info@academiagalegabelasartes.gal
Fecha: 26/01/2022
|
|
|
|
XOVES DÍA 27 DE XANEIRO ACTO DE ENTREGA DA DOAZÓN DA OBRA DA SERIE FORMAS NO ESPAZO CON MOTIVO DO INGRESO DE JESÚS NÚÑEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA 26/01/2022 | | |
|