Castellano Galego

MARTES DAS ARTES: 22 DE MARZO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SÚA OBRA”. “OS LÍMITES DA NARRACIÓN” A CARGO DE CAXIGUEIRO

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe

Ampliar imaxe
Continúa o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a  súa obra”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 6 actos nos que se coñecerá de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
 
O seguinte acto do ciclo terá lugar o próximo día 22 de marzo coa conferencia “Os límites da narración” a cargo do escultor e ceramista Caxigueiro (Daniel Río Rubal) na que se lle dará unha breve ollada ao traballo de  Caxigueiro desde 1990 ata a actualidade. Unha revisión que se centrará na escultura e sobre todo na instalación, disciplina na que se implicou dunha maneira particular.
 
Tamén prestará atención á importancia da fotografía no presente e a influencia da poesía  e a linguaxe nas obras destes últimos anos.
 
 
CAXIGUEIRO
 
Tras a súa formación no mundo da cerámica a finais da década dos 70 e principio dos oitenta (estancia prolongada no Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, estudo da especialidade de Cerámica na Escola Ramón Falcón de Lugo, Beca de estudos en Madrid con Alfonso Dors, etc) en 1989 decide ampliar o seu horizonte plástico con propostas nas que incorpora novos materiais e técnicas. Ao mesmo tempo decide abordar proxectos máis complexos nos que a instalación, a intervención de espazos específicos e a obra efémera terán unha importante significación na súa obra.
 
Unha constante na súa traxectoria é o interese por narrar xunto á presenza das cuestións sociais : a guerra, as culturas minorizadas, a ecoloxía,etc. (Europa: Terapia puntual(1990). O bosque das ausencias(1995). A linguaxe da memoria(2000). O rapto da paisaxe(2006). Mar de soños (2017).
 
Ao longo destes anos o seu traballo estivo presente en numerosas mostras na Galiza e en distintos punto da península ( Zaragoza, Porto, Lisboa, Madrid, Barcelona, Valencia, etc).
 
Participou en feiras de Arte Contemporánea como ARCO (Madrid), FIL (Lisboa), Foro Atlántico de Arte Contemporánea (Pontevedra, A Coruña).
 
A súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas: Museo de Lugo, Afundación, CGAC, Unión Fenosa, Museo Carlos Maside,etc. e aparece en numerosas publicacións entre as que cabe destacar: Enciclopedia Summa Artis. Vol.XLII. Cerámica española. Trinidad Sánchez Pacheco; Enciclopedia Galicia Arte. Ed. Hercules. Severino Penelas, Antón Castro; Judith S. Schwartz Confrontational Ceramics. The Artist as Social Critic ou La Cerámica Española y su integración en el Arte. Antonio Garrido.

Foto Xurxo Lobato

Fecha: 17/03/2022







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES DAS ARTES: 10 DE MAIO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SUA OBRA” YOSEBA MP 05/05/2022
 
INGRESO COMO NUMERARIO DE DON JOSÉ MARÍA EGUILETA FRANCO NA A REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 27/04/2022
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO NUMERARIO D. RAMÓN CASTROMIL VENTUREIRA 20/04/2022
 
ABERTO PRAZO PARA A DEDICACIÓN DO “DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023” 08/04/2022
 
DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022 DEDICADO A LAXEIRO. 8 DE ABRIL NO AUDITORIO MUNICIPAL DE LALÍN 07/04/2022
 
1 DE ABRIL DE 2022. COMEZO DAS CELEBRACIÓNS DO DÍA DAS ARTES GALEGAS DEDICADO A LAXEIRO 31/03/2022
 
MARTES DAS ARTES: 29 DE MARZO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SUA OBRA”. “CAOSMOS” A CARGO DE ANTÓN PATIÑO 24/03/2022
 
MARTES DAS ARTES: 22 DE MARZO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SÚA OBRA”. “OS LÍMITES DA NARRACIÓN” A CARGO DE CAXIGUEIRO 17/03/2022
 
​XOVES DÍA 27 DE XANEIRO ACTO DE ENTREGA DA DOAZÓN DA OBRA DA SERIE FORMAS NO ESPAZO CON MOTIVO DO INGRESO DE JESÚS NÚÑEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA 26/01/2022
 
DON CÉSAR PORTELA, NOVO ACADÉMICO DE HONRA DA REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 18/12/2021
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DO ACADÉMICO CORRESPONDENTE DON JOSÉ TORRES CASAL 29/11/2021
 
​NOVOS NUMERARIOS DA ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES 27/11/2021
 
INGRESO DE D. JESÚS NÚÑEZ FERNÁNDEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA DA RAGBA. SÁBADO 2 DE OUTUBRO NA FUNDACIÓN CIEC DE BETANZOS 02/10/2021
 
​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2022, A JOSÉ OTERO ABELEDO “LAXEIRO” 26/06/2021
 
MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 17/06/2021
 
RAFAEL MONEO, ACADÉMICO DE HONRA, LEÓN DE OURO NA BIENAL DE VENECIA 2021 24/05/2021
 
1 DE ABRIL: LEMBRANZA A DOMINGO DE ANDRADE COA COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA NO SEU LUGAR DE ENTERRAMENTO 05/04/2021
 
DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE 08/03/2021
 
FONDO PESAR POLO PASAMENTO DA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONRA DNA. ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ 25/02/2021
 
TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE 25/01/2021
 
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021: LOLITA DÍAZ BALIÑO 25/01/2021
 
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
 
12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
 
A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
 
ARTECONFINARTE 24/04/2020
 
INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
 
CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
 
DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
 
​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
 
CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
 

Desarrollo web: Brigantia