MARTES DAS ARTES: 10 DE MAIO CICLO “ARTISTAS GALEGOS. O AUTOR E A SUA OBRA” YOSEBA MP
Continúa o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 7 actos nos que se coñecerá de primeira man a obra dos creadores galegos explicada por eles mesmos; saber o seu proceso creativo, as motivacións para crear ou a evolución da súa traxectoria.
O seguinte acto do ciclo terá lugar o próximo día 10 de maio no que artista urbano Yoseba MP (Yoseba Muruzabal) reflexionará sobre a súa á serie "Os meus amigos e os seus cans" coa que resultou gañador, no ano 2009, do concurso de Novos Valores da Deputacion de Pontevedra proseguindo a charla coas obras da serie "Fenómenas do rural" nas que está a traballar actualmente, esta última acompañada dun documental de 30 minutos onde se verá o proceso de creación de diferentes murais.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña)
YOSEBA MP
Yoseba Muruzabal nace en Coruña en 1984. Estuda Belas Artes na facultade de Pontevedra.
En 2009 gaña o concurso de Novos Valores da Deputacion de Pontevedra na modalidade de pintura cun cadro da serie "Os meus amigos e os seus cans".
En 2013 comeza a serie de "Fenómenas do rural". Con esta temática ábrese un oco no circuíto do muralismo a partir de 2016.
Actualmente, ademais de producir obra, en lenzo e en fachada, dá clases de pintura na academia Veladuras (Santiago de Compostela).
https://www.rebobinart.com/es/yoseba-mp/
https://elemmental.com/2018/11/14/yoseba-mp-soy-como-un-bicho-raro-dentro-de-lo-que-hay-por-aqui/
Fecha: 05/05/2022
|
|
|