Castellano Galego

Ampliar imaxe
Ampliar imaxe
Edificio Real Consulado

Ampliar imaxe
PLANO REFORMA CASA REAL CONSULADO 1944. A. TENREIRO
Ampliar imaxe
PLANO REFORMA CASA REAL CONSULADO 1944. A. TENREIRO

Ampliar imaxe
PLANO REFORMA CASA REAL CONSULADO 1944. A. TENREIRO
Ampliar imaxe
PLANO REFORMA CASA REAL CONSULADO 1944. A. TENREIRO

HISTORIA DO EDIFICIO

A Real Academia Galega de Belas Artes en 1898 pasou a celebrar as súas sesións no pazo do Real Consulado do Mar, e no ano 1913 instalouse definitivamente nel, onde actualmente ten o seu domicilio oficial corporativo.

A fábrica do actual edificio do Real Consulado é de finais do século XVIII. Foi construido por don José Ramos para vivenda propia na actual Rúa de Panadeiras. Esta espléndida residencia fora arrendada polo Real Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña o ano 1785, data da súa creación polo monarca Carlos III, e en 1793 pasa a ser propiedade do Estado mediante o abono ao seu propietario de 290.000 reais de vellón. Posteriormente á disolución dos consulados foi ocupado este edificio por numerosos organismos, entre moitos outros pola “Sociedad Económica de Amigos del País”, a “Cámara Agrícola y Marítima”, o “Consejo Provincial de Fomento”, a “Escuela de Náutica y Navegación” e posteriormente pola Biblioteca chamada do Consulado, Academia de Belas Artes, Museo de Belas Artes e outras institucións.

O edificio mantívose na súa parte externa tal e como era orixinariamente, salvo a modificación sufrida por elevación dun corpo ático. A construcción, de cantería, ofrece luces resgadas con balaustres de ferro e unha noble apariencia. O interior é sustancialmente o mesmo, excepto os cambios de distribución (realizados en 1941) a que obrigou o seu novo destino como sede do Museo de Belas Artes. Todas estas importantes e imprescindibles obras correron a cargo do Estado.


DISTRIBUCIÓN DO EDIFICIO

No ano 1995 o Museo de Belas Artes trasládase a un edificio de nova construcción. Desde entón a Casa do Consulado acolle a diferentes institucións. No baixo andar continuou aloxada a Biblioteca do Real Consulado. As estancias do primero andar pasaron a ser ocupadas pola Real Academia Galega de Belas Artes e o segundo andar distribuíuse en tres dependencias que dan aloxamento á Academia de Xurisprudencia e Lexislación, a Academia de Gastronomía e Academia Galega do Audiovisual.







Contacto  |  Aviso legal  |  

MARTES 26 DE OUTUBRO. CONFERENCIA: "ARQUITECTURAS PARA A VIDA MODERNA: AS PIONEIRAS" POR LUZ PAZ AGRAS 08/10/2021
O vindeiro martes 26 de outubro terá lug...
Ampliar

 

INGRESO DE D. JESÚS NÚÑEZ FERNÁNDEZ COMO ACADÉMICO DE HONRA DA RAGBA. SÁBADO 2 DE OUTUBRO NA FUNDACIÓN CIEC DE BETANZOS 02/10/2021
A Academia celebrou o pasado sábado, d&i...
Ampliar

 

​A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES DEDICARÁ O DÍA DAS ARTES GALEGAS, 1 DE ABRIL DO 2022, A JOSÉ OTERO ABELEDO “LAXEIRO” 26/06/2021
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) c...
Ampliar

 

MARTES 22 DE XUÑO: CONCERTO DE PREMIADOS DO V CONCURSO MÚSICA DE CÁMARA DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA 17/06/2021
O vindeiro martes 22 de xuño ás 2...
Ampliar

 

RAFAEL MONEO, ACADÉMICO DE HONRA, LEÓN DE OURO NA BIENAL DE VENECIA 2021 24/05/2021
A Real Academia Galega de Belas Artes congrat&u...
Ampliar

 

1 DE ABRIL: LEMBRANZA A DOMINGO DE ANDRADE COA COLOCACIÓN DUNHA PLACA CONMEMORATIVA NO SEU LUGAR DE ENTERRAMENTO 05/04/2021
  A Real Academia Galega de Belas Artes (...
Ampliar

 

DÍA DAS ARTES GALEGAS: 1, DE ABRIL ARREDOR DO BARROCO, DE COMPOSTELA, DOS SEUS CAMIÑOS E DO ARQUITETO DOMINGO DE ANDRADE 08/03/2021
É desexo da Academia Galega de Belas Art...
Ampliar

 

FONDO PESAR POLO PASAMENTO DA ILUSTRE ACADÉMICA DE HONRA DNA. ELENA COLMEIRO GONZÁLEZ 25/02/2021
A Real Academia Galega de Belas Artes expresa o...
Ampliar

 

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2021: LOLITA DÍAZ BALIÑO 25/01/2021
Ampliar

 

TEXTO DA XUNTA DE GOBERNO DA ACADEMIA RELATIVO AO PECHE DE CENTROS CULTURAIS DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE 25/01/2021
Inclúese a continuación o texto r...
Ampliar

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN PARA A NOVA TEMPORADA DOS MARTES DAS ARTES 31/08/2020
Atendendo ás recomendacións das a...
Ampliar

 

12 DE XUÑO: ABERTO O PRAZO DE RECEPCIÓN DE TRABALLOS PARA INCLUÍR EN ABRENTE NÚM 51 12/06/2020
Informamos que xa está aberto o prazo de...
Ampliar

 

A ACADEMIA: A SÚA HISTORIA, OS SEUS ANHELOS, A SÚA COMPOSICIÓN... 03/06/2020
Ampliar

 

ARTECONFINARTE 24/04/2020
O tempo do coronavirus polo que supón de...
Ampliar

 

INICIATIVAS DE INTERESE: #CULTURANACASA 07/04/2020
Nos fins da Real Academia Galega de Belas Artes...
Ampliar

 

CONCESIÓN DA MEDALLA DE HONRA DA ACADEMIA Á FUNDACIÓN CATEDRAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 25/01/2020
En sesión extraordinaria celebrada pola ...
Ampliar

 

DON CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ NOMEADO ACADÉMICO DE HONRA 25/11/2019
En sesión ordinaria celebrada o sá...
Ampliar

 

​NOMEAMENTO DE ACADÉMICOS DE HONRA 27/06/2019
En sesión ordinaria celebrada o pasado s...
Ampliar

 

CONCESIÓN MEDALLA DE OURO “MARCIAL DEL ADALID” Á CORAL POLIFÓNICA DE BETANZOS 25/04/2019
O Plenario da Real Academia  Galega de&nbs...
Ampliar

 


DÍA DAS ARTES GALEGAS - Introducción e Regulamento 07/04/2015
DÍA DAS ARTES GALEGAS A Real Academia...
Ampliar

 

REGULAMENTO MEDALLA DE HONRA 12/03/2010
INTRODUCCIÓN A Medalla de Honra insti...
Ampliar

 

BASES MEDALLAS “MARCIAL DEL ADALID” 08/01/2007
En sesión ordinaria celebrada o dí...
Ampliar

 

BASES DO SALON DE OUTONO DE PINTURA 07/01/2007
VII SALÓN DE PINTURA 2008 A Real Academ...
Ampliar

 

Desarrollo web: Brigantia