A Real Academia Galega de Belas Artes acordou celebrar o “Día das Artes Galegas” 2026 dedicándollo a José Suárez, o fotógrafo galego máis internacional. Nado en Allariz en 1902, cunha traxectoria marcada pola vangarda e polo exilio, estaba dotado dunha sólida formación intelectual e dun pensamento liberal. Relacionouse con ?guras destacadas da cultura española como Unamuno, Blanco Amor, Seoane ou Alberc, así como da internacional como Akira Kurosawa.
A súa obra fotográ?ca, in?uída pola Nova Obxeccvidade, caracterízase por unha mirada moderna, re?exiva e centrada na ?gura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras.A súa ?gura, complexa e sensible, consolidouse como unha das máis relevantes da fotografía galega e como un referente artístico de dimensión internacional.
Por todo o cal, a nosa Academia organiza unha exposición que forma parte dos actos de celebración en homenaxe ao fotógrafo José Suárez. É unha mostra itinerante para espazos públicos ao aire libre, que a través de fotografías, textos e un deseño coidado, re?icte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.
Con tal motivo, o luns 3 de agosto terá lugar a terceira itinerancia da exposición “José Suárez, vida e obra” como un dos actos programados para esta edición do “Día das Artes Galegas 2026”.
A mostra, está composta por 16 paneis organizados en 4 estruturas metálicas de 140 x 210 cm. nos que se inclúen textos de Luis Seoane, Blanco Amor, Manuel Sendon, Xose Luis Suarez Canal, Domingo Garcia Sabell, Miguel De Unamuno, Jose Bergamin, Juan Manuel Bonet, Rafael Alberti, Publio Lopez Mondejar, Carlos Casares ou Lois Tobío, e deu comenzo en Lugo antes de poder visitarse na Coruña, A Guarda, Vigo, Ribeira, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela. Esta exposición, organizada pola Academia coa colaboración da Xunta de Galicia e o Museo do Mar de Galicia, será inaugurada ás 13 horas no mesmo Museo e poderá visitarse ata o 9 de setembro.
A iniciativa da celebración do “Día das Artes Galegas” na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi Isaac Díaz Pardo.


(1).jpg)



