Os días 9 e 10 de setembro de 2026 terán lugar, no Teatro Colón da Coruña, ás 19.30 h., dous concertos a cargo das Corais posuidoras da Medalla “Marcial del Adalid” co gallo do bicentenario da figura que lles da nome.
O acceso aos recitáis será libre ata completar capacidade.
Baixo o título “Bicentenario Marcial del Adalid. A memoria cantada”, participarán na primeira xornada a Coral Polifónica de Bergantiños; Cantigas e Agarimos; a Coral Polifónica El Eco e o Real Coro Toxos e Froles. O segundo día os recitas serán a cargo da Coral De Ruada; da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra; do Coro Galego Cántigas da Terra e da Coral Polifónica Follas Novas.
A vinculación de Adalid coa Real Academia Galega de Belas Artes resulta incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás homónimas medallas que tanta importancia tiveron e teñen na sociedade galega pola posta en valor da actividade musical que se desenvolve en Galicia, manifestada singularmente nos coros e nas bandas de música, ferramenta fundamental de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras esenciais do noso rico patrimonio musical.
Os premios “Marcial del Adalid” son hoxe en día toda unha institución, son unha maneira de manter viva a memoria do admirado compositor, amplamente estudiado por Adolfo Anta, unha maneira de estender a súa fascinación por Adalid ao resto da sociedade galega, unha maneira de que o seu nome permaneza presente en cada fogar e en cada familia galega devota da música, en cada actuación á que acoden ostentando a insignia, en cada estandarte que luce a Medalla de Ouro.
Estes concertos levaranse a cabo grazas á colaboración desinteresada das Corais, e ao auspicio do Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Cultura e Turismo.


.jpg)



