A Academia celebrou o sábado, día 24 de setembro sesión extraordinaria pública para o acto de ingreso de D. César Portela Fernández-Jardón cómo académico de Honra da Institución. O emotivo acto tivo lugar no Pazo de Baión en Vilanova de Arousa.
D. César Portela Fernández-Jardón foi proposto polos membros numerarios da Real Academia Galega de Belas Artes, don Xosé Manuel Casabella López, don José Ramón Soraluce Blond, don Ramón Yzquierdo Perrín e don Felipe-Senén López Gómez, resultando elixido en votación realizada na sesión ordinaria celebrada o 17 de decembro de 2021.
Foto: Gustavo Santos