Mañá venres, día 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, nesta edición dedicada a Laxeiro. A Real Academia Galega de Belas Artes inaugurará este venres ás 19.30 horas, na súa sede na Praza do Pintor Álvarez de Sotomayor 1, na Coruña, a exposición "Acción Laxeiro" comisariada polo académico de Artes da Imaxe Xurxo Lobato.
A continuación, terá lugar un acto con representantes das Institucións participantes do “Día das Artes Galegas 2022” no que participarán don Manuel Quintana Martelo, presidente da RAGBA; don Xurxo Lobato, académico e comisario da exposición; don Xosé Ramón Pousa, coleccionista e don Anxo Lorenzo, secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Pechará o acto a alcaldesa da Coruña dona Inés Rey.