Esta Real Academia Galega de Belas Artes quere expresar o seu pesar polo falecemento da súa académica numeraria da Sección de Expertos nas Artes dona Ana E. Goy Diz falecida na Póboa de San Xiao o día 19 de setembro de 2022.
Foi a primeira catedrática de Historia da Arte no Campus de Lugo e representante en Galicia do Icomos, o organismo da Unesco. Tivo un papel crave para que a Torre de Hércules fose recoñecida como Patrimonio da Humanidade. Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago desde 1994, compatibilizaba desde finais desa década a súa actividade docente nos campus de Santiago e Lugo con unha vasta produción científica e investigadora.
Foto Pradero