O sábado 28 de maio a Real Academia Galega de Belas Artes celebrará Sesión Extraordinaria pública ás 12:30 horas no Salón de actos da Facultade de Humanidades de Lugo (Complexo docente do Campus de Lugo, s/n) para a recepción da académica de número electa da Sección de Expertos nas Artes, dona Ana Goy Diz, quen pronunciará o seu discurso de ingreso baixo o título “Ribeira Sacra: a construción dunha paisaxe cultural”.
A recipiendaria será contestada, en nome da a Corporación, por don Antonio Rodríguez Colmenero, membro numerario da Sección de Arqueoloxía e Museoloxía.
A señora Goy Diz, previa votación regulamentaria, resultou elixida membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na Sesión Ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2021 cubrindo a praza vacante por falecemento de dona María del Socoro Ortega Romero á que corresponde a Medalla número 3.