FELICITACIÓN AO CONCELLO DE CORGO POLA POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL
Novas e Acordos
A Real Academia Galega de Belas Artes agradece e dá os parabéns ao Concello de Corgo polo seu programa de posta en valor do patrimonio cultural (material e inmaterial), Proxecto Corgoral, así como pola súa exemplar colaboración na sensibilización dende a Biblioteca do punto de Atención á Lectura do Concello de Corgo, arredor do " Día das Artes Galegas".