O sábado 29 de outubro a Real Academia Galega de Belas Artes celebró Sesión Extraordinaria pública no Auditorio do Museo Interactivo da Historia de Lugo (Avda. Infanta Elena, s/n) para a recepción da académica de número electa da Sección de Pintura e Gravado, dona Mónica López Alonso, quen pronunciou o seu discurso de ingreso baixo o título “A arte que cura”.
A recipiendaria foi contestada en nome da Corporación, por dona Menchu Lamas, membro de número da Sección de Pintura e Gravado.
A señora López Alonso, previa votación regulamentaria, resultou elixida membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na Sesión Ordinaria celebrada o día 27 de novembro de 2021 cubrindo a praza vacante por falecemento de don Manuel Rodríguez Moldes á que corresponde a Medalla número 5.
Foto Xurxo Lobato