Continúa o Ciclo “Arquitectura(s) para un tempo novo”, encadrado nos “Martes das Artes” coa conferencia “Iannis Xenaquis. Colaborador de Le Corbusier” na que o doutor arquitecto e académico Xosé Manuel Casabella, disertará sobre Iannis Xenaquis, do cal se cumpre este ano o centenario do seu nacemento, un estrano e revolucionario personaxe tanto na música como na arquitectura, disciplinas que, con escasas diferenzas, consideraba irmás xemelgas. A elas dedicou toda a súa vida, fascinado pola idea de organizalas e combinalas matematicamente cun método de composición infalible, invariable, consecuente e inmutable. O acto finalizará coa interpretación a cargo de Florian Vlashi, integrante da Orquestra Sinfónica de Galicia e director do Grupo Instrumental SIGLO XX, que interpretará a obra, MIKKA/ MIKKA S (1971/1975), peza para violín de Iannis Xenaquis.
Todos los actos do ciclo son de entrada libre ata completar a capacidade e tenrán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Plaza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña).
IANNIS XENAQUIS
Nado xunto ao río Danubio no seo dunha familia de ascendencia grega, que en 1932 trasládase ao seu país onde ingresa no colexio anglo-grego na illa de Spetsai. Desde moi pequeno o mozo Xenaquis inclinábase cara á música, aínda que posteriormente se gradúa como enxeñeiro na Escola Politécnica de Atenas, atraído tanto pola arquitectura como pola enxeñería. Formación que se verá interrompida pola invasión de Grecia polos exércitos italiano e alemán durante a Segunda guerra Mundial. Nese momento Xenaquis participa activamente na resistencia liderada polos comunistas na Fronte de Liberación Nacional de Grecia, loitando primeiro contra os alemáns e, posteriormente, contra o exército inglés, ata que cae ferido, perde a visión do ollo esquerdo e é capturado e condenado á morte. Terminado o conflito logra escapar instalándose en París onde, entre 1947 e 1959, traballa no estudo do xa entón famoso arquitecto Le Corbusier e entra en contacto con grandes músicos da capital francesa, Honegger, Milhaud, Scherchen e Messiaen, que lle poñen en contacto coas novas correntes artísticas musicais do momento.
A súa inquietude artística levoulle a compartir música e arquitectura, compoñendo as súas primeiras partituras de música estocástica utilizando os mesmos cálculos que empregaba nos seus traballos arquitectónicos. Reflexións que foron recollidas no seu libro “Musiques formelles” (1963), importante contribución á teoría da música do século XX, que inclúe as súas reflexións sobre ideas musicais e técnicas compositivas.
En 1966 funda a Escola de música, matemática e automatizada. Unha das constantes da súa obra musical constitúeo o universo da percusión ao que contribuíu con partituras: (Persephassa, 1970; Pleïades, 1979; Okho, 1989)
Durante a súa estancia no Estudio de Le Corbusier colabora nalgúns dos seus principais proxectos (Unidade de Habitación de Marsella, Convento da Tourette, Parlamento de Chandigard, ….) e, especialmente, no Pavillón da empresa Philips para a Feira Internacional de Bruxelas do ano 1958.
DÍA: martes 15 de novembro
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)