• Prza. Pintor Álvarez Sotomayor 1
    15001 A Coruña
  • De Luns a Venres: 9:00 - 16:00
    Horario de inverno

Manuel Quintana Martelo

Saúdo do presidente

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias.
 
Nos  fins da Real Academia Galega de Belas Artes resaltan o estudo, a  salvagarda e promoción das  das artes e por conseguinte do patrimonio cultural galego.  Funcións especificadas nos seus estatutos e desenvoltas a través dos plenarios e en actividades polos académicos numerarios, de honra e correspondentes, todos eles profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, encadrados nas Seccións de Pintura, Gravado, Arquitectura, Arqueoloxía e Museoloxía, Expertos nas Artes e Artes da Imaxe.
 
A Real Academia Galega de Belas Artes ten como cerna da súa actividade  Galicia e relacionase co resto das Reais Academias do Estado mantendo un estreito lazo nos seus mesmos fins.
 
 Quixéramos que a través destas páxinas se  descubrise e se implicase no traballo e nos fins o desta decana institución galega a prol dos intereses culturais de Galicia.



Manuel Quintana Martelo, Presidente.

Últimas novas

Novas e Acordos

Relación de novas e acordos relevantes e recentes relacionados coa Real Academia Galega de Belas Artes e outra información de actualidade e interés.

A Real Academia Galega de Belas Artes presentará en rolda de prensa o vindeiro luns, 16 de marzo, os actos do Día das Artes Galegas 2026, que este ano homenaxeará a figura do fotógrafo José Suárez.

O acto celebrarase ás 11:00 horas na sede coruñesa da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez Sotomayor, 1) e contará coa intervención do presidente da Academia, Manuel Quintana Martelo.

José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974) empeza a facer fotos cando aproba o  Bacharelato en Ourense e o seu pai lle regala unha cámara fotográfica. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca. A partir de aí, comeza a facerlle fotos as súas irmáns e a publicar algunhas reportaxes como afeccionado en Vida Gallega  sobre Allariz e a súa Festa do Boi. Tamén fotografía terras de Salam [...]

+ info

 

O vindeiro 17 de marzo terá lugar ás 19:30 horas o segundo dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento co concerto “Obras de Adalid e Tchaikovsky” a cargo do  Trío Caronium, integrado por David Veiga Martínez, Violín; Isabel Font Belmonte; Violonchelo e Javier Ares Espiño, Piano, que interpretarán o Trío para violín, violonchelo e piano, Op. 36 de Marcial del Adalid (obra reconstruida e finalizada por Juan Durán en 2025) e o Trio en la menor, Op. 50 de Pyotr Ilych Tchaikovsky.
 
Marcial del Adalid y Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Oleiros) o 16 de outubro de 1881 ten una vinculación coa Real Academia Galega de Belas Artes incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás “Medallas Marcial del Adalid” que tanta importancia tiveron e teñen [...]

+ info

 

Eventos RAGBA

Premios, medallas e concursos

Información sobre os diferentes eventos promocionados por a RAGBA e a súa regulación

DÍA DAS ARTES GALEGAS


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron  paso á humanización do territorio en ribeiras sacras,  encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico [...]

+ info

 

INTRODUCCIÓN

A Medalla de Honra instituíuse o 28 de Xaneiro de 1989. Os Estatutos da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, fundada por Real Decreto o 31 de Outubre do ano 1849, determina que a súa finalidade é, entre outras, promover e realizar estudos de investigación e para o fomento e desenvolvemento das manifestacions artísticas dentro de Galicia.

A necesidade de recoñecer os valores dos artistas e dos que traballan en beneficio das Belas Artes, fai precisa a creación por parte da Academia dunha Medalla de Honra.

BASES XERAIS. APROBADAS EN SESIÓN DE 31 DE MAIO DE 2014

ARTIGO PRIMEIRO

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario institúe, con carácter honorífico e para estímulo de cantas manifestacións redunden en beneficio das Belas [...]

+ info

 

Coleccións arquivísticas

Fondos da academia

A RAGBA dispón dunha biblioteca especializada en Belas Artes xeral e de Galicia, así coma dous importantes coleccións arquivísticas, en proceso de catalogación

ARQUIVO MUSICAL DE GALICIA

Único en Galicia
A catalogación realizouse mediante un eficaz proxecto de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Biblioteca e a Sección de Música da Academia, baixo o patrocinio, dende os seus comezos, da Fundación Caixa Galicia [...]
Colección de partituras musicais
Mais de 1.000 partituras, ademais de discos, casetes e videos
+ info  

ARQUIVO FOTOGRÁFICO

D. Manuel Chamoso Lamas
A Academia de Belas Artes dispón do arquivo documental Manuel Chamoso Lamas sobre o Patrimonio Monumental de Galicia. Patrimonio documental, arquitectónico, etnográfico e urbanístico, recollido durante o século XX [...]
Arquivo documental de imáxenes
10.826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4.814 fotografías positivadas
+ info  

Título de Real dende o 12 de xullo de 1916

Historia da academia

A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituida por catro categorías de Académicos: Numerarios, Correspondientes, Honorarios e Supernumerarios.

RAGBA

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias [...]

+ info