• Prza. Pintor Álvarez Sotomayor 1
    15001 A Coruña
  • De Luns a Venres: 9:00 - 16:00
    Horario de inverno

Manuel Quintana Martelo

Saúdo do presidente

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias.
 
Nos  fins da Real Academia Galega de Belas Artes resaltan o estudo, a  salvagarda e promoción das  das artes e por conseguinte do patrimonio cultural galego.  Funcións especificadas nos seus estatutos e desenvoltas a través dos plenarios e en actividades polos académicos numerarios, de honra e correspondentes, todos eles profesionais e especialistas de recoñecido prestixio, encadrados nas Seccións de Pintura, Gravado, Arquitectura, Arqueoloxía e Museoloxía, Expertos nas Artes e Artes da Imaxe.
 
A Real Academia Galega de Belas Artes ten como cerna da súa actividade  Galicia e relacionase co resto das Reais Academias do Estado mantendo un estreito lazo nos seus mesmos fins.
 
 Quixéramos que a través destas páxinas se  descubrise e se implicase no traballo e nos fins o desta decana institución galega a prol dos intereses culturais de Galicia.



Manuel Quintana Martelo, Presidente.

Últimas novas

Novas e Acordos

Relación de novas e acordos relevantes e recentes relacionados coa Real Academia Galega de Belas Artes e outra información de actualidade e interés.

O vindeiro martes 16 de abril terá lugar ás 20 horas na Real Academia Galega de Belas Artes o terceiro e último concerto do Ciclo “Sonatas de Beethoven” no que Julio Mourenza, piano e Stefan Marinescu, violín interpretarán a Sonata nª 8, op. 30/3 en Sol Maior; a Sonata nº 9, op. 47, “Kreutzer” en La Maior e a Sonata nº 10, op. 96 en Sol Maior do compositor alemán Ludwig van Beethoven.
 
O acto está encadrado nos “Martes das Artes” e terá entrada libre ata completar capacidade.
 
JULIO MOURENZA
 
A Coruña (1969). Julio Mourenza inicia os seus estudos pianísticos coa profesora Natalia Lamas, no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, séndolle concedida a Matrícula de Honra e o Premio Extraordinario de Fin de Carreira.
 
[...]

+ info

 

A un tempo que a Real Academia Galega de Belas Artes celebra a dedicación do ano 2024 a Francisco Asorey acordou, por mor da celebración do "Día das Artes Galegas",  abrir o prazo de propostas para a dedicación do vindeiro ano 2025 e de tal xornada a unha figura senlleira das artes de Galicia. A centenaria institución, seguindo o Regulamento para a elección de candidaturas, outorga o prazo do 1 ao 30 de abril para entrada de propostas debidamente razoadas que deberán ser dirixidas á Real Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. 15001 A Coruña)  ou ao mail info@academiagalegabelasartes.gal por organismos, institucións ou asociacións culturais. A primeira dedicación  do día 1 de Abril, foi no 2015 ao  Mestre Mateo, a do 2024  dedicouse a Francisco Asorey.
  [...]

+ info

 

Eventos RAGBA

Premios, medallas e concursos

Información sobre os diferentes eventos promocionados por a RAGBA e a súa regulación

DÍA DAS ARTES GALEGAS


A Real Academia Galega de Belas Artes, creada no 1849 para fomentar a práctica, o estudo, contribuír á salvagarda, á sensibilización das artes e do patrimonio cultural galego, na súa Asemblea de 31 de Xaneiro de 2015, decidiu instituír o “Día das Artes Galegas”. Motivo para a exaltación, divulgación e promoción da creación en Galicia. E arredor da xornada un sólido argumento: confín habitado dende a Prehistoria, de antolóxicos monumentos megalíticos, emporio na Idade dos Metais, de sobranceiros ourives, de incontables e estratéxicos castros, arrodeados de lendas; Gallaecia de portos, faros, de enclaves romanos e suevos, que deron  paso á humanización do territorio en ribeiras sacras,  encrucillada de camiños a Compostela, para o nacemento do Románico [...]

+ info

 

INTRODUCCIÓN

A Medalla de Honra instituíuse o 28 de Xaneiro de 1989. Os Estatutos da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, fundada por Real Decreto o 31 de Outubre do ano 1849, determina que a súa finalidade é, entre outras, promover e realizar estudos de investigación e para o fomento e desenvolvemento das manifestacions artísticas dentro de Galicia.

A necesidade de recoñecer os valores dos artistas e dos que traballan en beneficio das Belas Artes, fai precisa a creación por parte da Academia dunha Medalla de Honra.

BASES XERAIS. APROBADAS EN SESIÓN DE 31 DE MAIO DE 2014

ARTIGO PRIMEIRO

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario institúe, con carácter honorífico e para estímulo de cantas manifestacións redunden en beneficio das Belas [...]

+ info

 

Coleccións arquivísticas

Fondos da academia

A RAGBA dispón dunha biblioteca especializada en Belas Artes xeral e de Galicia, así coma dous importantes coleccións arquivísticas, en proceso de catalogación

ARQUIVO MUSICAL DE GALICIA

Único en Galicia
A catalogación realizouse mediante un eficaz proxecto de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña, a través da súa Biblioteca e a Sección de Música da Academia, baixo o patrocinio, dende os seus comezos, da Fundación Caixa Galicia [...]
Colección de partituras musicais
Mais de 1.000 partituras, ademais de discos, casetes e videos
+ info  

ARQUIVO FOTOGRÁFICO

D. Manuel Chamoso Lamas
A Academia de Belas Artes dispón do arquivo documental Manuel Chamoso Lamas sobre o Patrimonio Monumental de Galicia. Patrimonio documental, arquitectónico, etnográfico e urbanístico, recollido durante o século XX [...]
Arquivo documental de imáxenes
10.826 negativos en película, 124 placas de cristal e 4.814 fotografías positivadas
+ info  

Título de Real dende o 12 de xullo de 1916

Historia da academia

A Real Academia Galega de Belas Artes depende da Xunta de Galicia e está constituida por catro categorías de Académicos: Numerarios, Correspondientes, Honorarios e Supernumerarios.

RAGBA

A Real Academia Galega de Belas Artes nace no  ano 1849,  creadora de iniciativas e comisións de estudo, así como ensino a prol das artes, museos, publicacións, rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais. Órgano consultivo da administración e dende o ano 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ó Instituto de España das Academias [...]

+ info