O vindeiro martes 3 de outubro dará comezo Ciclo de conferencias dirixido por Xosé Manuel Casabella López e coordinado Samuel Nión “A vida castrexa no Golfo Ártabro”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias nas que distintos puntos de vista procurarán lanzar luz sobre o mundo ártabro, un contexto tan atraínte como esquivo.
A primeira conferencia titulada “El noroeste en la edad del hierro: entre el Atlántico y el Mediterráneo. El papel de los ártabros” terá lugar o martes 3 de outubro e será impartida por Francisco Javier González García, que analizará o reflexo dos ártabros nas fontes escritas, explorando o porqué do interese de púnicos e romanos nestas afastadas terras e a influencia destes contactos ao longo do tempo. O día 10, Lois Ladra impartirá a charla “Os torques galaicos na fachada ártabra” na cal analizará o fenómeno dos torques, probablemente as pezas máis coñecidas do mundo galaico, centrándose na dimensión e relevancia dos coñecidos como “torques ártabros”. O Ciclo continuará o día 17 coa conferencia “O Castro de Elviña: interaccións culturais e dinámicas sociopolíticas” na que Samuel Nión afrontará o estudo das interaccións entre púnicos, romanos e ártabros, explorando a influencia destes contactos na sociedade e na materialidade do Castro de Elviña e da Península da Coruña. Por último, o martes 7 de febreiro concluirá o Ciclo coa conferencia “Metalurxia e ourivería no territorio ártabro” que será impartida por Xosé Lois Armada Pita quen analizará o fenómeno da produción de metal no territorio ártabro, observando o papel social de pezas como arracadas, machados ou sítulas de bronce.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 20:00 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Para ver o tríptico do Ciclo premer aquí