En sesión celebrada no Pazo de Fefiñáns de Cambados o día 6 de abril de 2024 foi presentada unha proposta subscrita polos Académicos de Número don Alejo Amoedo Portela; don Juan Pedro Durán Alonso e don José Carlos Valle Pérez a favor da violonchelista e cantante dona Rosa Cedrón Fernández para Académica Numeraria da Sección de Música.
Despois de realizarse a votación regulamentaria na Sede da Real Academia Galega de Belas Artes en sesión de 27 de abril de 2024 acordouse elixir á Sra. Dna. Rosa Cedrón Fernández académica de número electa da Sección de Música da Institución, cubrindo a praza, polo seu pasamento, do pianista don Ramón Castromil Ventureira.
Rosa Cedrón, titulada superior en violoncello, foi membro de importantes agrupacións sinfónicas galegas e profesora de conservatorio. O seu éxito acadado pola súa traxectoria como cantante, fixo dela unha artista moi popular entre os públicos máis diversos. Muller polifacética e versátil, posúe numerosos e importantes premios que acreditan unha carreira profesional de máis de vinte nos que sempre mantivo o seu firme compromiso coa música galega.
Foto Rosa Cedrón Oficial