En sesión celebrada na sede da Academia o día 26 de outubro de 2024 foron presentadas tres propostas para cubrir unha praza de académico de honra a favor de don Francisco Javier Expósito Paradela e dúas prazas de académicos correspondentes a favor de don Jorge Varela Barrio e don Juan Ignacio del Cueto Ruiz-Funes, sendo as propostas subscritas, respectivamente polos Académicos de Número Sres. López Gómez, Lobato Sánchez e Sra. Penalta Lorenzo; Sra. Carballo-Calero Ramos e os Sres. Eguileta Franco e Manzano Freire á que se adheriu o Sr. Lobato Sánchez; Sres. Casabella López, García Braña e Soraluce Blond á que se adheriron os académicos da Sección de Arquitectura Sres. Yzquierdo Perrín e Peña Pereda
Despois de realizarse a votación regulamentaria na Sede da Real Academia Galega de Belas Artes en sesión de 30 de novembro de 2024 acordouse elixir ao Sr. D. Francisco Javier Expósito Paradela como académico de honra e aos Sres. Varela Barrio e del Cueto Ruiz-Funes académicos correspondentes da Institución.
Javier Expósito Paradela é coleccionista e mecenas de Arte Gráfico así como fundador do Museo do Gravado e da Fundación Museo de Artes á Estampa Dixital en Artes, Concello de Ribeira.
Jorge Varela Barrio é escultor e investigador, doutor polas Universidades de Vigo e Santiago é especialista Universitario en Arte e crítica contemporánea pola Universidade de Santiago, actualmente imparte docencia nas Facultades de Historia e Belas Artes da Universidade de Vigo.
Ignacio del Cueto Ruiz-Funes é arquitecto pola Universidad Nacional Autónoma de México e Doutor pola Autónoma de Barcelona así como Académico Emérito da Academia de Arquitectura México. Actualmente é Director da Facultad de Arquitectura da UNAM.
Foto Javier Expósito Paradela: Marcos Creo, La Voz de Galicia.
Fotos de Jorge Varela Barrio e ?Ignacio del Cueto Ruiz-Funes: cedidas