O vindeiro 3 de febreiro terá lugar ás 19:30 horas o primeiro dos actos de homenaxe a Marcial del Adalid con motivo do bicentenario do seu nacemento coa conferencia titulada “Bicentenario Marcial del Adalid” a cargo de Margarita Viso, quen realizará una semblanza relativa ao compositor coruñés. Así mesmo, o acto contará coa participación da académica da Sección de Música Rosa Cedrón Fernández
Marcial del Adalid y Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Oleiros) o 16 de outubro de 1881 ten una vinculación coa Real Academia Galega de Belas Artes incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás “Medallas Marcial del Adalid” que tanta importancia tiveron e teñen na sociedade galega pola posta en valor da actividade musical que se desenvolve en Galicia, manifestada singularmente nos coros e nas bandas de música, ferramenta fundamental de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras esenciais do noso rico patrimonio musical.
O Ciclo “Bicentenario Marcial del Adalid (1826-1881)” está encadrado nos “Martes das Artes”.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
MARGARITA VISO SOTO
Nacida na Coruña, estuda no Conservatorio de Música de A Coruña, con Jeannette Romero e Rogelio Groba. Amplía coñecementos con Mª Luisa Nache, José Ferrer e Carlos López García Picos, e Noemí Novara.
Como compositora é autora de obras de cámara e para voz e instrumentos.
E como pianista acompañante traballa o repertorio da música galega e española.
Como musicóloga ten investigado sobre compositores galegos principalmente, destacando os traballos sobre Adalid e Baldomir. Pertence á Sociedad Española de Musicología.
Crea a editorial VISO (1997) adicada á publicación de música de autores galegos.
Foi Profesora de Solfexo e Teoría de la Música (Madrid 1985), e Pianista Acompañante (A Coruña 1998), tendo traballado nos conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña. Recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2020. É membro do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses


.jpg)



