Con co gallo do “Día das Artes Galegas 2025”, o vindeiro xoves 4 de decembro ás 19:30 h. terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (Rúa Pai Amoedo Carballo, 3. Pontevedra) o ou sexto acto dedicado ao artista “Isaac Díaz Pardo”, figura homenaxeada nesta edición, a cargo dos académicos de número da Academia Galega de Belas Artes Xosé Díaz Arias de Castro (fillo de Isaac Díaz Pardo) e Xosé Carlos Valle Pérez.
A Academia Galega de Belas Artes tivo en conta para esta dedicación os seus numerosos méritos. Á súa condición de destacado representante da arte galego como ilustre pintor e ceramista, únese a súa profunda vinculación ao longo de máis de medio século na nova etapa da restauración da Cerámica de Sargadelos, á que Díaz Pardo, ademais dunha empresa, concibiu como centro de investigación, tecnoloxía, deseño e difusión das artes e da cultura de Galicia; creador e impulsor das Cerámicas do Castro, do Laboratorio de Formas de Galicia (con Luis Seoane, homenaxeado no Día dás Artes Galegas 2019), das Edicións do Castro, do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Seminario de Estudos Cerámicos de Sargadelos, do Laboratorio Xeológico de Laxe, e do Instituto Galego de Información, entre outros.
O artista e intelectual Isaac Díaz Pardo ingresou como académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes o 16 de xuño de 2009 nun acto celebrado na sede da Institución e é unha figura fundamental e referente ineludible para poder comprender as artes contemporáneas do noso país.


(1).jpg)



