A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), en colaboración coa Deputación da Coruña, organiza dende 2018 os Encontros de Mariñán. Residencia de Artistas Emerxentes, que teñen como obxectivo crear sinerxías e propiciar a interdisciplinariedade entre os distintos centros de formación artística superior de Galicia. Teñen lugar no Pazo de Mariñán, Bergondo.
Video do encontro 2025
Video do encontro 2024
Cada edición, toma como referencia ao artista que a RAGBA lle adica O día das artes. Partindo dun tema os distintos centros seleccionan aos participantes a través da presentación de proxectos. Os participantes coñecen os proxectos e traballan na relación entre disciplinas. O Encontro de Mariñán, que dura 5 días, fai posible a materialización in situ dos proxectos e o desenvolvemento das sinerxías xurdidas. A creación e a convivencia xeran resultados híbridos que enriquecen o pensamento crítico e artístico de cada participante.
Centros que participan nos encontros:
- -Conservatorios Superiores de Música de Coruña e Vigo.
- -Escolas de Arte e Superiores de Deseño Antonio Faílde, Mestre Mateo, Pablo Picasso e Ramón Falcón.
- -Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
- -Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
- -Facultade de Deseño de Pontevedra.
- -Facultade de Arquitectura da Coruña.
- -Escola de Imaxe e Son da Coruña.








