Co gallo do bicentenario do nacemento de Marcial del Adalid, a Academia realizará unha actiividade ao mes para conmemorar a citada efeméride, actos que comenzarán o día 3 de febrero cunha Conferencia inaugural titulada “Bicentenario Marcial del Adalid” a cargo de Margarita Viso; o 17 de marzo terá lugar a estrea do “Trío en Do menor” a cargo de David Veiga (violín), Isabel Font (violoncello) e Javier Ares (piano), continuando o día 28 de abril cun Recital de cancións de Adalid a cargo da soprano Gemma Román; a actividade correspondente ao mes de maio terá lugar o día 19 na que María del Carmen Lorenzo Vizcaíno impartirá a conferencia “O cuarteto de cordas en Galicia: dende Adalid ata o século XXI” proseguindo o 16 de xuño co concerto “Sonata fantástica” interpretado por Javier Vázquez Grela ao piano. O 22 de setembro será o turno do dúo formado por Javier Cedrón (violín) e Gabriel López (piano) que interpretarán “Sonata para violín e piano” e “Scena cantante para violín e piano”. Xa no mes de outubro, Nuria Lorenzo (mezzosoprano) e Alejo Amoedo (piano) interpretarán o día 20 unha “Selección de Cancións” de Marcial del Adalid para proseguir o24 de outubro coa presentación da publicación “Adolfo Anta e as Medallas Marcial del Adalid” cargo dos seus autores, Lucía Patiño e Juan Raúl L. Naya para rematar o 15 de decembro con Música para piano a 4 mans a cargo de Alejo Amoedo e Juan Durán.
Marcial del Adalid y Gurrea, nado na Coruña o 24 de agosto de 1826 e finado en Lóngora (Oleiros) o 16 de outubro de 1881 ten una vinculación coa Real Academia Galega de Belas Artes incuestionable, toda vez que o nome deste compositor deu lugar ás “Medallas Marcial del Adalid” que tanta importancia tiveron e teñen na sociedade galega pola posta en valor da actividade musical que se desenvolve en Galicia, manifestada singularmente nos coros e nas bandas de música, ferramenta fundamental de participación na cultura das vilas e cidades galegas, como divulgadoras esenciais do noso rico patrimonio musical.
O Ciclo “Bicentenario Marcial del Adalid (1826-1881)” está encadrado nos “Martes das Artes”.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)



