O vindeiro luns 18 de xuño terá lugar no Auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea a xornada “José Suárez. Ollos vivos que pensan”, dirixida polo académico e fotoxornalista Xurxo Lobato e coordinado por Gema Bañós. O acto dará comezo ás 17 hora coa inauguración do mesmo a cargo do presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Manuel Quintana Martelo; a continuación terán lugar as conferencias “José Suárez. Fotógrafo galego, salmantino e tricontinental”, impartida polo escritor, crítico de arte e comisario de exposicións Juan Manuel Bonet e “Ollos que pensan”, impartida polo artista Antón Patiño. A xornada rematará cunha mesa redonda moderada por Xurxo Lobato que contará coas participacións do profesor de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela Miguel Anxo Rodríguez e do catedrático de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e académico José Luis Castro de Paz.
O acto, organizado polo Centro Galego de Arte Contemporánea e a Real Academia Galega de Belas Artes, está encadrado nas actividades que se celebrarán durante o ano co gallo do Día das Artes Galegas 2026, dedicado nesta edición ao fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente, o alaricano José Suárez, para dar a coñecer a súa figura e obra á sociedade.


.jpeg)



