O vindeiro 27 de xullo ás 12 horas, terá lugar no Salón de Actos da Academia (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) o acto de doazón da obra do que fora académico Francisco Torrón titulada “Bodegón con pranta e caracola”. O acto contará coas intervencións de Felipe-Senén López Gómez, secretario da Academia e de Pablo Torrón Pelluz, Doutor en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid e neto do pintor, quen realizará una semblanza sobre a vida e obra do artista.
Francisco Torrón Durán (A Coruña, 1934 – Madrid, 2020) foi un salientable pintor e restaurador cuxa traxectoria constitúe un valioso legado para as Belas Artes. A pesar de perder a audición na infancia por mor da meninxite, logrou formarse primeiro na Coruña e posteriormente na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu con artistas como Isabel Quintanilla e Antonio López. Entre 1961 e 1997 desenvolveu un intenso labor como restaurador do Patrimonio Nacional no Palacio Real de Madrid, como responsable e creador dos talleres de restauración de escultura. Participou na conservación de importantes obras destacando o Palacio Real, O Mosteiro del Escorial ou o Mosteiro das Descalzas Reais, traballo que lle valeu a Medalla da UNESCO en 1987, entre outros méritos. Paralelamente cultivou unha ampla produción artística, con máis de cincocentas obras centradas en paisaxes, bodegóns e retratos, caracterizadas pola sobriedade e o predominio de tons terra e grises. En 2007 foi nomeado académico da Real Academia Galega de Belas Artes. Coruña ocupa un lugar moi especial no seu legado, reflectido no sinal que deixou Francisco Torrón na súa traxectoria, tanto artística como restaurativa.
O acto está patrocinado pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)



