O vindeiro martes 27 de outubro ás 19:30 horas dará comezo o Ciclo de conferencias “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias. Según Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo:
“A intervención contemporánea sobre arquitecturas do século XX require dunha consideración crítica dos seus valores patrimoniais e da definición de estratexias específicas que garantan a súa preservación e posta en valor. O ciclo recolle unha serie de exemplos sobre este patrimonio e o seu rol actual como espazos de oportunidade: a transformación dunha antiga fábrica abandoada na Fundación Prada de Milán, que supuxo un punto de inflexión na consideración da rehabilitación como unha estratexia propia da arquitectura contemporánea; diversas intervencións sobre o patrimonio industrial que amosan as oportunidades – fallidas ou exitosas – que a súa preservación ofrece á sociedade, como Battersea Station en Lodres ou o High Line en Nova Iork; as intervencións nos bloques residenciais do Grand Parc de Burdeos ou no Kleiburg DeFlat en Ámsterdam, que amosarán alternativas de intervención sobre a vivenda dos anos 60 e, finalmente, o protagonismo dos valores intanxibles que unha comunidade atesoura nos seus espazos de vida, a través de proxectos como Travesía de Vigo de Carme Nogueira.
A primeira conferencia titulada “Novas perspectivas para a intervención arquitectónica: FUNDACIÓN PRADA” terá lugar o martes 27 de outubro e será impartida polo Dr. Arquitecto e académico Fernando Agrasar Quiroga. O día 10 de novembro, as arquitectas Noelia Vázquez Abelenda e Sara Paz Fabián, impartirán a charla “O patrimonio industrial como oportunidade: BATTERSEA STATION (Londres) e HIGH LINE (Nova Iork)”. O día 17 do mesmo mes , Luz Paz Agras, coordinadora do Ciclo, e María J. González Meijide impartirán charla titulada “De vivenda moderna a contemporánea: GRAND PARC (Burdeos) e DE FLAT (Amsterdam)”. Por último, o martes 1 de decembro concluirá el Ciclo coa conferencia “Patrimonios intanxibles: TRAVESÍA DE VIGO e outros proxectos” que será impartida pola arquitecta Carme Nogueira.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense
Para ver o díptico do Ciclo premer acó


.jpg)
.jpg)



