O vindeiro martes 10 de novembro a las 19.30 horas remata o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Agras “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias.
A derradeira conferencia do ciclo titulada “Patrimonios Intanxibles: Travesía de Vigo e outros proxectos” será impartida pola artista Carme Nogueira sobre o seu proxecto artístico e de intervención urbana do ano 2006 na Travesía de Vigo no que utiliza elementos como tres bancos móbiles coas dimensións das xardineiras do centro para cuestionar os usos do espazo.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)
.jpg)



