O vindeiro martes 30 de xuño dará remate o Ciclo “Artistas Galegos. O autor e a súa obra” desta tempada, actividade coordinada por Xurxo Lobato e encadrada nos “Martes das Artes”, cunha homenxe poética a José Suárez, un dos numerosos actos arredor do fotógrafo alaricano, figura á que se lle está a dedicar o Día das Artes Galegas 2026.
O recital contará coa participación de Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán Vello, Emma Pedreira, Xulio López Valcárcel, Teresa Ramiro, Xosé Iglesias e Antón Reixa, e será presentado por Xurxo Lobato.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) e teñen entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)



