O vindeiro martes 10 de novembro a las 19.30 horas continúa o Ciclo de conferencias coordinado por Luz Paz Arias “A modernidade revisitada. Intervencións contemporáneas no Patrimonio Arquitectónico do S.XX”, encadrado nos “Martes das Artes” e composto por 4 conferencias.
A segunda conferencia do ciclo titulada “O patrimonio industrial como oportunidade: BATTERSEA STATION (Londres) e HIGH LINE (Nova York)” será impartida polas arquitectas Noelia Vázquez Abelenda e Sara Paz Fabián que disertarán sobre a Battersea Station de Londres, construción rehabilitada polo arquitecto uruguaio Rafael Viñoly en 2008 e sobre o parque de la High Line de Nova York, proxecto de James Corner Field Operations, Diller Scofidio + Renfro e Piet Oudolf.
Todos os actos do ciclo terán lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos da Real Academia Galega de Belas Artes (Praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1. A Coruña) con entrada libre ata completar capacidade.
Os ”Martes das Artes” están patrocinados pola Xunta de Galicia; Deputación da Coruña; Concello da Coruña, vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Deputación de Ourense


.jpg)
.jpg)



