O vindeiro venres 6 de novembro ás 18:30 horas terá lugar no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8. Lugo) a proxección do documental “José Suárez, a mirada humanista” sobre a vida e a obra de José Suarez (1902-1974), o fotógrafo galego mais internacional e figura ao que se dedica o “Día das Artes Galegas” na edición do 2026, acto encadrado dentro das actividades do Ruando Photofest Lugo 2026.
O filme conta coas intervencións de Xosé Luis Suárez Canal, Manuel Sendón, Juan Manuel Bonet, Mónica Carabias, Carlos L. Bernárdez, Acisclo Manzano, Xabier Casares, José Luis Castro de Paz e Manuel Quintana Martelo baixo a dirección de Xurxo Lobato, e montaxe e postprodución de Marma e está producido pola Real Academia Galega de Belas Artes con apoio da Deputación da Coruña.


.jpg)



