O vindeiro xoves 29 de outubro terá lugar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra a xornada “Novas miradas sobre José Suárez”, coordinada polo académico e fotoxornalista Xurxo. O acto dará comezo ás 16:30 horas coa presentación do mesmo a cargo do vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes Celestino Garcia Braña e da directora do Museo de Pontevedra Ángeles Tilve Jar; a continuación terán lugar as conferencias “O caderno de Bueu de Maruja Mallo e os mariñeiros de José Suárez” impartida polo historiador da Arte, comisario e académico Carlos L. Bernárdez; “A imaxe da muller nas fotos de José Suárez” impartida pola artista plástica e académica Menchu Lamas; “José Suárez e Ruth Matilda Anderson, dous xeitos de ollar Galicia” a cargo do historiador e presidente da Fundación Castelao Miguel Anxo Seixas e “José Suárez no Museo de Pontevedra: recuperación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico galego” impartida pola responsable do arquivo gráfico do Museo de Pontevedra, Cristina Echave.
A xornada rematará coa estrea do documental “José Suárez, a mirada humanista” dirixido polo académico Xurxo Lobato.
O acto, organizado polo Museo de Pontevedra, xunto á Real Academia Galega de Belas Artes, está encadrado nas actividades que se celebrarán durante o ano co gallo do Día das Artes Galegas 2026, dedicado nesta edición ao fotógrafo galego máis recoñecido internacionalmente, o alaricano José Suárez, para dar a coñecer a súa figura e obra á sociedade.
https://museo.depo.gal/web/museo/-/actividade-novas-miradas-sobre-jose-suarez
PROGRAMA
De 16:30 a 20:30 h
16:30 h. Presentación
16:45 h. Conferencia de Carlos Bernárdez “O caderno de Bueu de Maruja Mallo e os mariñeiros de José Suárez”
17:15 h. Conferencia de Menchu Lamas: “A imaxe da muller nas fotos de José Suárez”
17:45 h. Conferencia de Miguel Anxo Seixas “José Suárez e Ruth Matilda Anderson, dous xeitos de ollar Galicia”
18.30 h. Conferencia de Cristina Echave “José Suárez no Museo de Pontevedra: recuperación, catalogación e difusión do patrimonio fotográfico galego”
19:15 h. Proxección. Estrea do documental “José Suárez, a mirada humanista”, de Xurxo Lobato


.jpg)



