A Real Academia Galega de Belas Artes en sesión celebrada o 28 de xuño de 2025 na súa sede da Coruña, e tras votación regulamentaria do pleno, acordou dedicar a celebración do dia 1 de Abril do 2026 ao fotógrafo José Suárez.
Con tal motivo, o xoves 4 de xuño prosegue a itinerancia da exposición “José Suárez, vida e obra” como un dos actos programados para esta edición do “Día das Artes Galegas 2026”, actividade deseñada para espazos públicos ao aire libre, que a través de fotografías, textos e un coidado deseño que reflicte a obra do artista, poñendo en valor a súa creatividade.
A mostra está composta por 16 paneis organizados en 4 estruturas metálicas de 140 x 210 cm. nos que se inclúen textos de Luis Seoane, Blanco Amor, Manuel Sendon, Xose Luis Suarez Canal, Domingo Garcia Sabell, Miguel De Unamuno, Jose Bergamin, Juan Manuel Bonet, Rafael Alberti, Publio Lopez Mondejar, Carlos Casares ou Lois Tobío, e dará comenzo en Lugo antes de poder visitarse na Coruña, A Guarda, Vigo, Ribeira, Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela. Esta exposición, organizada pola Academia coa colaboración do Concello da Coruña, será inaugurada ás 19 horas na Praza de Lugo da Coruña e poderá visitarse ata o 30 de xuño.
A iniciativa da celebración do “Día das Artes Galegas” na xornada de cada 1 de abril, naceu da Academia no ano 2015, celebrando ao Mestre Mateo, quen nesa data do 1188 dirixiu a colocación dos dinteis do Pórtico da Gloria na Catedral compostelá, segundo consta nos mesmos. Na pasada edición do ano 2025 a figura homenaxeada foi Isaac Díaz Pardo.


.jpg)



